21 anos dunha carreira mítica

Por: Venres, 11 de Abril de 2014, 9:00 COMENTAR

Hoxe, 11 de abril, cúmprense 21 anos da mítica carreira de Ayrton Senna baixo a choiva no trazado británico de Donington Park no Gran Premio de Europa de 1993.

E que ten isto que ver co mundo dos videoxogos, preguntarédesvos algúns. Pois ben, aquela carreira foi patrocinada pola compañía xaponesa Sega e o trofeo para o campión era unha figura do personaxe máis popular dos seus videoxogos, Sonic, tal e como podedes ver na seguinte imaxe.

Un mito sostendo a outro.

Un mito sostendo a outro.

O nome oficial desta carreira é XXXVIII Sega European Grand Prix e foi a única carreira de Fórmula 1 disputada nese circuíto.Unha das moitas curiosidades desta carreira foi que Ayrton Senna marcou a volta rápida cun tempo de 1:18.029s na volta 57 entrando en boxes (posiblemente a única da historia marcada así), debido á configuración do trazado británico, pois a entrada dos boxes antes da última curva supón un aforro de moitos metros.

Por carreiras como esta e outras como o Gran Premio de Mónado de 1984, o piloto brasileiro é considerado por moitos un dos mellores (senón o mellor) piloto da historia do automobilismo.

Alain Prost

O vindeiro 1 de maio cumpriranse 20 anos do falecemento de Ayrton Senna no fatídico Gran Premio de San Marino de 1994, onde o tamén brasileiro Rubens Barrichello sufríu un grave accidente na sesión de clasificación do venres e o austríaco Roland Ratzenberger faleceu nun accidente durante a sesión de clasificación do sábado.