A primeira vez que escoitei que Sony pretendía lanzar ao mercado unha reedición dos xogos de Team Ico, ICO e Shadow of the Colossus o sangue subíume de temperatura un par de graos polo menos, e máis tendo en conta que xa son practicamente imposíbeis atopalos por separado para a PS2.

No meu caso xa xogara a estes dous títulos na mencionada Playstation 2, mais non me din resistido volvelos a rememorar, e aínda que tiña certo medo que non me namoraran tanto como o fixeran da primeira vez (moitas das cousas que lembramos non son reais), volvérono conseguir…e de que maneira.

Ler o resto da entrada »

Como saberedes Sony sacará a reedición e remasterización de dous grandes clásicos da PS2, o ICO e o Shadow of the Colossus. Estes títulos estarán á nosa disposición o día 30 de outubro, polo que xa está a piques de volver a conquistar os nosos corazóns.

Como é habitual, podemos ver o tráiler de lanzamento desta pequena gran xoia.

Se sodes dos desafortunados que non puidestes desfrutar destes dous videoxogos, facédevos un favor a vós mesmos, e botádelle un ollo.

Xa sabiamos que este ano teriamos nas nosas mans a remasterización de dúas obras mestras (sen exaxerar nin un chisco) da PS2. Estes dous prodixios de videoxogos son criaturas do Team ICO. Obviamente estoume a referir ao ICO e Shadow of the Colossus.

Agora por fin sabemos a data exacta en que poderemos aproximarnos á calquera tenda e adquirir este pack para volver desfrutar de dúas máxicas aventuras, ese día é o 29 de setembro.

Que é o que engaden a maiores? Honestamente penso que é totalmente irrelevante falando de tales videoxogos, mais para a vosa información contarán con trofeos, permitirán 3D estereoscópico, temas para as nosas consolas e material inédito dos dous videoxogos. Unha miseria comparado coa grandeza de ambos os xogos.

Cada vez gosto menos destas remasterizacións (máis que nada porque as compañías aprovéitanse demasiado delas). Mais pensemos un pouco, estamos a falar do ICO e Shadow of the Colossus, sobran as palabras.