10 – Toilet Kids
Manexa un rapaz que foi absorbido por un portal que estaba no seu váter. Ten que vencer os seus inimigos con caca.
9 – Seaman
Usa un micrófono para falar e coidar este Seaman. O Seaman é un peixe cunha grotesca cara humana que precisa coidados constantes para sobrevivir.
8 – 78641
Aventura surrealista onde xogas varios minixogos. Á parte, es unha frixideira que vende xoguetes sexuais.
7 – Exodus
Guía Moises a través de 100 niveis até chegar á Terra Prometida. Dispara a palabra de Deus a malvados israelitas e responde preguntas de múltipla escolla sobre a Biblia.
6 – Socks The Cat Rocks The Hill
O animal de compañía de Bill Clinton derrota espías terroristas, Richard Nixon e George Bush Sr. O xogo nunca foi lanzado.
5 – Michael Jackson’s Moonwalker
Detén o xenio psicópata Mr. Big facendo o Moonwalk, xurdindo e danzando para atacar. O obxectivo do xogo é que Jackson salve nenos…
4 – Boong-ga Boong-ga
Perturbador xogo de Arcade xaponés de dar azoutes. Castiga diferentes personaxes, como a ex-moza, batendo nun control con forma de cu.
3 – Ai Cho Aniki
Este éxito de culto xaponés é incribelmente homoerótico. Podes imaxinar: grandes músculos, ameixas caendo, cabezas de bebé en patas de ra e poses moi suxestivas.
2 – Mister Mosquito
Controla un mosquito que chupa o sangue a unha familia. Inclúe un nivel onde o obxectivo é a atraente filla mentres está a tomar un baño.
1 – Icarus Proudbotom In The Curse Of The Chocolate Fountain
Propulsado por un chorro de caca, Icarus Proudbottom debe derrubar asteroides e nazis. Cando leva un golpe, cáelle a roupa.
Fonte | All Time’s 10