Filtrados os datos do novo sensor Kinect

Por: Venres, 22 de Febreiro de 2013, 10:00 COMENTAR

kinect
Hai uns días publicaron na web VGLeaks as características do sensor Kinect da vindeira videoconsola de Microsoft (nome en clave: Durango), da que tamén filtraron algúns datos tempo atrás.

Polo visto, todas as novas consolas incluirán este novo sensor, moito máis avanzado e con maior precisión que o seu predecesor.

Entre as novas características cabe salientar:

  • Un maior ángulo de visión: que pasa dos 57.5º horizontais e 43.5º verticais a 70º e 60º, respectivamente.
  • Calidade de vídeo: dos 640×480 píxeles a 15 fps, chegará aos 1920×1080 píxeles a 30 fps.
  • Calidade do sensor infravermello: dos 320×240 píxeles actuais aos 512×424 píxeles.
  • Latencia: baixa dos ~90ms actuais a ~60ms, co que terá unha resposta máis rápida aos nosos movementos diante do sensor.

Con todas as melloras anteriores, os rumores falan que este novo sensor permitirá recoñecer ata 6 xogadores ao mesmo tempo (claro que a ver quen ten un salón cun tamaño suficiente para 6…) e incluso será capaz de recoñecer se temos as mans abertas ou pechadas.

Máis datos na web VGLeaks

O tema ponse cada vez máis serio, porque os rumores sobre que a próxima xeración de consolas está a caer multiplícanse día a día.

A última en lanzar un comunicado foi a revista GameInformer, a cal asegura que a próxima PS4 e Xbox 720 serán presentadas nun evento especial, moi preto da Game Developers Conference, feira de desenvolvedores que se celebra do 25 ao 29 de marzo na cidade de San Francisco.

A publicación menciona ter escoitado ás dúas compañías ofrecer conferencias de prensa para presentar as súas novas consolas.

De ser así, podemos dar por feito que no E3 veremos os primeiros xogos da nova xeración.

Non sei se este rumor é certo, mais o que si é verdade é que cando os rumores son tan numerosos será porque algo se coce, e deste ano non pasa de coñecer as novas máquinas de Sony e Microsoft.

Grazas a unha oferta de traballo lanzada por Microsoft na súa bolsa de emprego podemos saborear este rumor que tanto gusta aos gamers, sobre todos aqueles relacionados co lanzamento da próxima xeración e da súa potencia.

No día de hoxe xa é incuestionábel que a Xbox 720 (ou como se chame finalmente) xa se está desenvolvendo, polo tanto calquera palabra saída de Microsoft pode estar dedicada a este lanzamento.

As palabras exactas de Microsft son:

Durante os próximos 18 meses Microsoft lanzará novas versións dalgúns dos nosos productos máis significativos, incluíndo Windows (Client, Server, Phone e Azure), Office e Xbox, ademáis de cousas completamente novas como Microsoft Surface.

Esta ola de lanzamento de productos van definir o curso da compañía para os próximos anos, e isto proveeranos dunha oportunidade sen precedentes de refrescar e evolucionar as nosas marcas con maior valor estratéxico.

En todo este pack é posíbel que se refiran á Xbox para Windows 8 pero non resultaría extraño que Microsoft esté a falar indirectamente da súa próxima videoconsola.

Visto en Anaitgames