8_The_Witcher_3_Wild_Hunt_Horse_1

Os pais da emblemática saga de rol The Witcher cualifican de “triste” a situación de que o seu país natal esté fóra dos plans de Microsoft na tempada de lanzamento da consola.

Se voltamos a vista atrás, relembraremos que Microsoft publicou unha lista onde se marcan aqueles países que recibirán a devandita máquina, deixando fóra un montón deles, tal como é o caso de Polonia, Arxentina, Portugal ou incluso Xapón. As razóns que especificaron os de Redmond foron que a calidade da infraestrutura da rede é inferior a que necesita Xbox One para executarse debidamente ou porque a cota de mercado é insuficiente para xustificar a saída da consola.

Tal e así que nin tan sequera comprando a consola mediante importación podería chegarse a utilizarse posto que os servizos de Xbox Live non estarían en funcionamento.

Marcin Iwiski, co-fundador de Cd Projekt, espera que a lista non sexa definitiva, e facendo de portavoz do estudio, declarou que amosáronse abraiados pola medida de Microsoft e animan a os usuarios polacos a que non se queden de brazos cruzados ante as inxustas medidas.

A canción da Xbox One

Por: Venres, 14 de Xuño de 2013, 9:00 4 COMENTARIOS

xbox-one-police

Sting foi un visionario fai 30 anos…

Vía | Imgur.com

consolas2

 Tomando como referencia as medidas oficiais facilitadas polas compañías no E3 que se está celebrando en Los Angeles, unha usuaria de Twitter publicou a primeira simulación que se pode atopar sobre as dimensións do novo hardware posto en perspectiva.

 Na simulación podemos ver o tamaño das novas consolas en relación á competencia e ás súas predecesoras.

images

Con certa incredulidade vemos algúns os últimos movementos en comunicación e márketing da compañía estadounidense, que parece empeñada en gañarse a enemizade de boa parte da comunidade gamer.

Despois das reaccións producidas pola confirmación de Sony de que PS4 non encadeará ao usuario a internet (o que disparou as expectativas comerciais da compañía xaponesa a respecto do seu rival máis directo), a reacción de Microsoft chega en forma de declaracións claramente desafortunadas.

Foi nada menos que Don Mattrick, directivo da compañía e mestre de cerimonias nas últimas conferencias, quen ven de declarar; “temos un producto para xogadores que non teñen ningún tipo de conexión (á rede), chámase Xbox 360”.

Mattrick amosouse totalmente convencido de que os xogadores acabarán por aceptar as restricións de Xbox One cando vexan as súas vantaxes, ao tempo que reiterou que para aqueles e aquelas xogadores/as que non dispoñen dunha conexión a internet boa e estábel a solución de Microsoft é non dar o salto xeracional; “Ese, (Xbox 360), é un dispositivo offline”, insistíu o directivo da compañía americana.

se-as-conferencias-de-videoxogos-fosen-honestas

Isto é aplicábel tanto á presentación que vimos da Xbox One como a calquera outra das que imos ver no E3

Fonte | Dorkly

A Xbox One foi revelada antes de tempo

Por: Mércores, 5 de Xuño de 2013, 20:31 COMENTAR

XboX One

Presentámosvos en exclusiva mundial o deseño definitivo da nova Xbox One.

Vía | Know Your Meme

xbox one one

Que a nova consola de Xbox decepcionou a maior parte da comunidade de xogadores a nivel mundial xa non é unha sorpresa, e con este panorama enriba da mesa Microsoft debe tomar unha decisión, e estas son as declaracións de Larry Hryb, executivo de Xbox Live:

Estamos estudando coidadosamente o feedback recibido, aínda que despois do E3 a xente estará feliz.

Decisións como as de segunda man ou a conexión a internet obrigatoria están aínda sendo finalizadas, polo que de aquí ao lanzamento da plataforma podería cambiar.

Personalmente penso que só se trata dunha estratexia para calmar o enfado dos xogadores antes da chagada do E3, porque dubido moito que dean marcha atrás a estas alturas, aínda que sexamos positivos, esperemos que entren en razón.

Xa hai data de presentación da nova Xbox

Por: Mércores, 24 de Abril de 2013, 22:28 COMENTAR

xbox-720
Despois de moitos rumores e especulacións dende que fai dous meses a súa principal rival Sony “presentara” a PlayStation 4, agora é a compañía de Redmond a que move ficha.

O vindeiro 21 de maio ás 7 da tarde (hora española) non fagades plans, pois a esa hora será cando Microsoft faga a presentación oficial da súa vindeira videoconsola, aínda que parece que ese día darán un pequeno adianto da súa «visión de futuro», pero será 19 días despois, na Electronic Entertainment Expo (E3), cando ofrezan todos os detalles da nova videoconsola. Unha táctica moi similar á empregada por Sony coa PlayStation 4.

A presentación poderemos seguila a través de Xbox.com e en Memoria Pixelada informarémosvos de todas as novidades que presenten.

Adam Orth abandona Microsoft

Por: Xoves, 11 de Abril de 2013, 12:55 COMENTAR

adam_orthTras as súas polémicas declaracións a pasada semana en Twitter (das que Microsoft se desligou rápidamente), parece que Adam Orth abandonará a compañía, se ben non se confirmou se foi por vontade propia ou forzado pola compañía. Agora é a comunidade dos videoxogos a que di: #dealwithit

xbox-720

Segundo a última filtración na web VGLeaks de varias capturas de pantalla do Kit de Desenrolo da vindeira videoconsola de Microsoft (nome en clave: “Durango”) requerirá a instalación de todos os videoxogos no disco duro, do que aínda se descoñece a capacidade, pero que segundo parece terá suficiente para un bo numero de xogos. Se ben os xogos serán distribuídos en discos BluRay, éstes servirán simplemente como método de distribución, pois non se poderá xogar directamente dende eles.

xdk1

Imaxe do instalador do kit de desenrolo.

Por outra banda, a videoconsola terá a función “Sempre acesa, sempre conectada” que permitirá a inmediata dispoñibilidade para que os xogadores non teña que agardar reiniciando a videoconsola ou instalando actualizacións, cun mínimo consumo de enerxía. Pese a esta política, similar a anunciada para a PlayStation 4, xa hai voces que critican que esa funcionalidade “sempre conectada”, só será un xeito de enmascarar un sistema antipiratería e que posiblemente sexa a que acabe co mercado de videoxogos de segunda man.

xdk5

Descrición das principais características do hardware

Segundo as imaxes tamén parece confirmarse o rumor que dicía que tería un novo sensor Kinect con maior sensibilidade.

Fonte das imaxes: VGLeaks.com

xbox-360-hd-wallpaper
Segundo publicou Rob Crossley (editor de ComputerandVideogames.com) na súa conta de Twitter, o vindeiro 26 de abril é a data escollida por Microsoft para presentar a por agora coñecida como Xbox 720 / Durango