Nunha entrevista concedida a un importante medio da industria dos videoxogos (da que non imos facer publicidade, para iso estamos nós, para informarvos… 🙂 ), Mark Whitten (@notwen), xefe de arquitectura da plataforma de Xbox One, a nova videoconsola de Microsoft poderá funcionar perfectamente sen o Kinect conectado, como ata agora parecía que ía ser.
Para os máis “conspiranoicos” a obriga de ter o Kinect conectado para poder xogar era unha simple excusa para que puideran espiarnos mentres xogabamos coa videoconsola (non creo eu que aos da CIA lles fose interesar moito verme xogando, a verdade…), pero segundo esta nova, parece que poden quedar tranquilos, pois non será necesario ter conectado o dispositivo.
“Como o online, a videoconsola funcionará sen o Kinect conectado, aínda que non poderás empregar calquer función ou experiencia que requira explícitamente o sensor.”
Parece que os de Redmond queren recuperar a confianza que moitos perderon despois do anuncio da Xbox One e as súas polémicas políticas.