Xbox One recibe un novo SDK

Por: Luns, 5 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

Xbox One recibiu un novo SDK o pasado 12 de Decembro, que supostamente é a causa da mellora de rendemento da máquina.

Deste modo, esta nova versión do SDK optimizaría a xestión da memoria eSRAM, que permite ós desenvolvedores facer operacións que ata agora non podían. A maiores destas mellora, supostamente os desenvolvedores son quen de activar e traballar con 7º núcleo do procesador da consola dende Outubro, o que permite aumentar o rendemento do mesmo ata un 15%, ca limitación de non poder usar o Kinect, xa que dito núcleo estaría dedicado ó seu manexo, polo que para poder aproveitar esa potencia extra a cámara ten que estar desactivada.

d4
A partir do vindeiro 1 de Xaneiro e ata o día 15 do mesmo mes, os membros Gold de Xbox Live para Xbox One poderán descargar de balde o «D4: Dark Dreams Don’t Die» (14,99 €).

Dentro da promoción Games with Gold, os usuarios Gold de Xbox Live poderán descargar de balde durante esta última quincena de Decembro o «SSX» para a Xbox 360. Pola súa banda, os xogadores de Xbox One teñen de promoción o «Worms Battlegrounds».

gears_of_war_4-2520572

A saga Gears of War aterrará na Xbox One, iso sempre foi un dato seguro, mais o que non sabiamos é quen ía estar ao se cargo, levando esta enorme responsabilidade.

Pois Microsoft decidiu darlle esta oportunidade ao nóbel estudo Black Tusk. Custa crer esta arriscada decisión, sabendo que a saga Gears of War leva millóns de seguidores, e aínda que a última entrega fose un “fracaso”, en todos os seus aspectos, a chegada dos Gears á nova xeración tennos a todos impacientes, e quizais non perdonaremos unha entrega tan “light” como a anterior.

De todos os xeitos o estudo Black Tusk amósase emocionado ante este proxecto e para nada initimidado, tanto que xa está a pedir opinión a todos os fans da saga para saber as súas opinións do que lles gustaría ver nesta nova entrega.

Obviamente aínda queda moito para ver algo máis deste novo Gears of Wars, pero non sexamos mal pensados, démoslle unha oportunidade.

E3MicrosoftPhilSpencer-1

Microsoft non o está facendo ben, isto sabíase dende o fracaso de presentación da súa Xbox One e neste momento podemos asegurar que a PS4 está moi por diante da Xbox One.

Microsoft sabe isto perfectamente, polo que despois de poñer como xefazo a Phil Spencer, a súa gran primeira intervención é para dicir que neste E3, Microsoft vai traer o mellor catálogo de contido en moito tempo.

Estamos nos inicios da nova xeración e obviamente Sony tivo un gran lanzamento. A industria do xogo en consola está a facelo incriblemente ben nestes momentos. Fai seis meses todo o mundo preguntábase se o feito de xogar en consola había morto…mais esta é unha longa xeración e teño a creencia de que os grandes xogos crean as mellores plataformas.

Acabou mencionando que a súa conferencia no E3 centraríase en exclusiva nos videoxogos, con moi poucos executivos en escena e que duraría aproximadamente 90 minutos.

diablo3
A compañía Blizzard podería estar a traballar nunha versión para Xbox One do seu «Diablo III».

Segundo se puido ver nalgunha tenda online estes días, a versión para a nova videoconsola de Microsoft podería chegar este mesmo 2014.

diabli-iii-xbox-one

Aínda que algunha das tendas xa eliminaron o xogo das súas listaxes, noutras como Argos UK, aínda podemos ver a súa ficha.

titanfall

O propio co-fundador do estudo Respawn Entertainment, Vince Zampella, respondeu en Twitter á pregunta dun usuario polo número de xogadores que soportará o modo online.

Segundo o propio Vince, este número non é por limitacións de hardware ou da rede, senón porque durante as probas lles pareceu que ofrecía o mellor balance de diversión nas partidas con personaxes controlados pola IA.

Tras as críticas por esta limitación, comentou:

O lanzamento está previsto para o vindeiro 13 de marzo para PC, Xbox 360 e Xbox One.

Xbox One vs. Nintendo 64: Cal gaña?

Por: Mércores, 8 de Xaneiro de 2014, 19:22 COMENTAR

Que consola debías comprar, a que foi acabadiña de lanzar ou a vella gloria de 1996?

Fonte | BuzzFeedVideo

2K Games cancela a saga «MLB 2K»

Por: Mércores, 8 de Xaneiro de 2014, 14:00 COMENTAR

mlb2k13
A compañía 2K Games ven de anunciar que cancelan a saga de béisbol MLB 2K, polo que o MLB 2K13 será o derradeiro xogo.

“Decidimos non renovar a saga MLB 2K para 2014.”

“Estamos moi orgullosos dos logros acadados polo equipo responsable de MLB 2K e agardamos con interese as súas contribucións aos nosos futuros títulos, incluíndo NBA 2K, a franquía de baloncesto mellor valorada pola industria e a que máis copias vende.”

A compañía eliminou da súa páxina web toda mención á saga de béisbol, polo que todo parece indicar que o contrato de licencia remataba o día 31 de decembro.

Despois do sorpresivo lanzamento do MLB 2K13 o pasado marzo, esta última entrega recibíu numerosas críticas, pois básicamente era un MLB 2K12 cunha actualización dos elencos de xogadores dos equipos.

Esta cancelación deixa a MLB 14: The Show como único xogo da liga americana de béisbol anunciado para este 2014 para as consolas de Sony, deixando sen alternativas aos xogadores de Xbox 360 e Xbox One.

«Halo 5» para 2014

Por: Martes, 7 de Xaneiro de 2014, 22:00 COMENTAR

Halo

Rob Semsey (Rob Semsey), relacións públicas de Microsoft, confirmou que lanzarán unha nova entrega da saga Halo para Xbox One, pese a que non estaba incluído na recentemente publicada lista de lanzamentos para 2014.

Segundo Semsey, non se incluíu nesa lista porque aínda non foi anunciado o nome oficial.

fm5
Está previsto que a vindeira semana Turn 10 publique unha nova actualización para o «Forza 5» que reducirá os prezos dos coches ata nun 45% do valor actual, ademáis de aumentar os cartos obtidos por disputar carreiras.

Pouco despois do seu lanzamento, recibíu moitas críticas por parte dos xogadores pois entendían que eses elevados prezos nos coches non era se non unha medida para “forzar” aos xogadores a obter os coches mediante micro-transaccións.

Esta actualización tamén introducirá dous novos modos multixogador: «Drag Racing» (carreiras de aceleración) de ata 16 xogadores e «Tag» que contará coas tres variantes xa coñecidas das entregas anteriores da saga: «Manter a marca», «Virus» e «Pasar a marca».

ps4-xboxone
Tal como comentou nunha entrevista James Armstrong, conselleiro delegado de PlayStation en España e Portugal, a nova PlayStation 4 gáñalle a partida á súa consola rival Xbox One por 3,5 a 1 en vendas no mercado español, a pesar de levar 7 días menos no mercado.

Dende o seu lanzamento o pasado 29 de novembro, lévanse vendidas 80.000 unidades de PlayStation 4 en España. Se os datos son certos (haberá que ver que ten que dicir Microsoft…), un simple cálculo dinos que a Xbox One leva unhas 23.000 unidades vendidas.

Pero Armstrong tamén confirmou que seguen a traballar duro para cumprir coa demanda inical, pois entre 12.000 e 15.000 prevendas aínda non puideron ser cubertas.