Xbox-One-Slim

Unha das desventaxas dende o inicio de Xbox con respecto a PS4 é que o seu tamaño é superior, feito que parece ser que preocupa dun modo bastante importante a Microsoft.

Deste modo, os rumores de que o desenvolvemento dunha Xbox One Slim está en proceso non se fixeron agardar cando se desvelou que Microsoft estaba na procura de especialistas cun perfil que encaixa coma anel no dedo na creación dunha nova versión da consola, rumor que é prácticamente confirmado ó 100% cando se ve que a oferta é precisamente para traballar na división de Xbox.