«Rebaixas da fin de verán» en Xbox Live

Por: Mércores, 4 de Setembro de 2013, 9:00 COMENTAR

xbox-live

Microsoft quere celebrar a fin do verán ofrecendo aos seus usuarios de Xbox Live grandes descontos, de entre o 50 e o 75 por cento, nos prezos de varios xogos e paquetes DLC. Cabe destacar, por exemplo, ofertas como a do The Elder Scrolls V: Skyrim por 13,99 €, así como tres das súas expansiónsDragonborn, Dawnguard e Hearthfire.

Divididos pola súa temática podemos atopar:

Historia épica

Aventura

Acción

Fantasía

Puzzles e estratexia


Por outra banda, dentro da promoción “Setembro en Gold”, inclúen descontos de entre o 25 e o 50 por cento nos prezos dos xogos da saga Call of Duty, cos seguintes prezos:

«Games with Gold» de setembro

Por: Venres, 30 de Agosto de 2013, 23:00 COMENTAR

games-with-gold
Dende que o pasado xuño, o anunciara na súa conferencia no E3, Microsoft está agasallando con dous xogos ao mes aos membros Gold de Xbox Live. Nos meses anteriores puxeron de balde títulos como o «Assassin’s Creed II», «Dead Rising 2» ou «Crackdown».

Durante a primeira quincena do setembro, os que teñades unha subscrición Gold, poderedes descargar de balde o «Magic 2013», adaptación do coñecido xogo de cartas. Para a segunda quincena, teredes dispoñible o shooter «Tom Clany’s Rainbow Six Vegas».

Esta promoción durará ata o vindeiro decembro.

«Warface» confirmado para Xbox 360

Por: Xoves, 29 de Agosto de 2013, 10:00 COMENTAR

warface
Crytek confirmou que haberá unha versión do «Warface» para a videoconsola Xbox 360.

Aínda que este shooter en primeira persoa será un free-to-play, requerirá ter unha subscrición Gold en Xbox Live para poder xogalo.

Polo de agora está aberta a inscrición para a versión beta do xogo para PC na páxina oficial de Warface

Aínda se descoñecen as datas de lanzamento, pero agárdase que sexa a comezos de 2014.

«Games with Gold» de agosto

Por: Mércores, 31 de Xullo de 2013, 22:00 COMENTAR

games-with-gold
A partir de mañá e ata o vindeiro 15 de agosto, os membros Gold de Xbox Live poderán descargar gratuitamente o videoxogo Crackdown, dentro da promoción «Games with Gold», coa que Microsoft está a agasallar ata decembro aos seus usuarios con dous xogos cada mes.

Na segunda quincena do mes, o xogo elixido por Microsoft é o Dead Rising 2, e incluso melloran a oferta incluíndo tamén o Dead Rising 2: Case Zero, precuela desta segunda entrega da saga de zombies.

xbox-live-currency
Tal e como vos informabamos hai uns días, Microsoft estaba buscando xente que probase a que será a nova versión de Xbox Live.

A pesar do contrato de confidencialidade que os usuarios tiñan que firmar, non tardou en comezar a polémica na rede.
Unha das principais novidades desta actualización, como xa anunciaran no pasado E3, será a desaparición dos Microsoft Points (MSP), que serán reemprazados pola moeda local do usuario. En principio, queda moi bonito, non tes que andar a calcular a canto equivalen ‘X’ MSP cando mercas un xogo, un DLC ou o que sexa. O problema ven cando se fai o cálculo real do antes e o despois.

Actualmente, nas tendas oficiais, cada MSP custa 0,12 €. Así, 800 MSP custan 9,60 €, 1.200 MSP custan 14,40 €, etc. Segundo os prezos que aparecen na nova versión, agora subirán un pouco e os xogos pasarán a custar 9,99 € (+0,39 €) e 14,99 € (+0,59 €).
Tal e como se plantexa a cousa, podería darse o caso que vaias a unha tenda e, por poñer un exemplo, merques unha tarxeta para descargar o novo DLC “Call of Duty Black Ops II: Vengeance” que engadirá os 1.200 MSP necesarios á túa conta. Despois da actualización e conversión deses MSP, comprobarás que o teu saldo non é suficiente para mercar o DLC.

Dende Microsoft, xa se apresuraron a dicir que foi un erro non intencionado e prometen reembolsar aos usuarios que pagaron ese sobreprezo.

Os que actualmente tedes saldo de MSP na vosa conta, non vos preocupedes que non os perderedes: faran a conversión e teredes o saldo na vosa moeda local.

summer-of-arcade-2013
Como cada ano, Microsoft lanzará a promoción de rebaixas «Summer of Arcade» en agosto nos seguintes catro títulos de Xbox Live Arcade:

  • «Brothers: a Tale of two Sons» (505 Games), o 7 de agosto por 1.200 Microsoft Points.
  • «Charlie Murder» (Microsoft Studios), o 14 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Flashback» (Ubisoft), o 21 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows» (Activision), o 28 de agosto por 1.200 Microsoft Points.

Ademáis, ao mercar dous xogos calquera dos anteriores, recibirás «Souls Pack for Ascend: Hand of Kul» de balde.

New-Xbox-360-Dashboard-Goes-Live-on-December-6
Microsoft abriu o período de inscrición para que os usuarios interesados en probar a nova versión de Xbox Live 2013 durante a súa fase beta.

Esta actualización mellorará o rendemento xeral e a posibilidade de pagar as compras na moeda local. Lembrade que os coñecidos Microsoft Points, como anunciaron dende a compañía hai un tempo, desaparecerán nalgún momento deste ano.

Segundo as declaracións de Larry Hryb, director de Xbox Live:

“Ao contrario dos nosos programas beta anteriores, pódese acceder ao rexistro directamente a través da súa consola Xbox 360 para simplificar a experiencia”

As prazas están limitadas, así que, unha vez se completen, a beta será pechada ao público.”

Para os interesados, podedes apuntarvos a través do panel da interface da vosa Xbox 360, así como aceptar un contrato de non divulgación por cuestións de confidencialidade.

games-with-gold
Durante o pasado E3, Microsoft anunciou a promoción «Games with Gold», coa que ata decembro deste ano agasallaría con dous xogos ao mes a todos os usuarios cunha conta Gold en Xbox Live. O pasado xuño, estivo para descargar de balde o Fable III.

Agora, xa en xullo, os usuarios poderán descargar durante esta primeira quincena o «Defense Grid: The Awakening», que definen como “o xogo de estratexia de torres defensivas definitivo”. Recentemente, Larry Hryb, máis coñecido como Major Nelson, anunciou que durante a segunda quincena ofrecerán de balde o «Assassin’s Creed 2», segunda entrega da popular e exitosa saga de Ubisoft.

Durante a presentación da promoción, outro dos títulos que nomearon foi o «Halo 3» que estará dispoñible próximamente.

xbox-360-games-on-demand

A plataforma de venda de xogos en liña para Xbox 360 a través de Xbox Live, “Games on Demand“, oferta durante esta semana varios xogos a uns prezos moi interesantes, e polos que, nalgún caso, si se pode pensar na posibilidade de desbotar o ben querido e ben lucido formato físico habitual.

Entre os xogos destacados poderemos descargar o Assassin´s Creed 3, o Max Payne 3 ou o Far Cry 3 a un prezo de 9,99 €/ud.

Lista completa dos xogos en oferta pinchando aquí.

spartacus-legends
Todos os que sexades membros Gold de Xbox Live podedes descargar gratuitamente o xogo «Spartacus Legends».

Creado por Kung Fu Factory e publicado por Ubisoft, este xogo arcade permítenos meternos na pel dun gladiador romano e, combinando diversos estilos de loita e armas, combater en diversas arenas para acadar unha fama lexendaria que perdure durante séculos.

spartacus-legends-1

Para descargalo, podedes entrar a través do anuncio da páxina de inicio da interface ca Xbox 360, buscalo no bazar ou dende a páxina web, para que se descargue automáticamente a vindeira vez que iniciedes a vosa videoconsola.

Descontos de primavera en Xbox Live

Por: Mércores, 20 de Marzo de 2013, 8:02 COMENTAR

xbox-live-spring-sale.2013Microsoft anunciou que dende o vindeiro 26 de marzo e ata o 2 de abril ofrecerá descontos de ata o 75% na súa plataforma Xbox Live para xogos arcade, xogos baixo demanda, complementos de xogos, películas e máis.

Máis información na páxina oficial.

xbox-360-hd-wallpaperConmemorando o vindeiro lanzamento do Bioshock: Infinite, esta fin de semana (do 8 ao 10 de marzo) os usuarios Silver de Xbox Live desfrutarán de todas as vantaxes da subscrición Gold na plataforma de Microsoft.