d4
A partir do vindeiro 1 de Xaneiro e ata o día 15 do mesmo mes, os membros Gold de Xbox Live para Xbox One poderán descargar de balde o «D4: Dark Dreams Don’t Die» (14,99 €).

games-with-gold

Durante a primeira quincena de xaneiro, os usuarios Gold de Xbox Live para Xbox 360 poderán descargar de balde o «MX vs. ATV Alive» (39,99 €), mentres que na segunda quincena terán o «The Witcher 2» (29,99 €).

«Games with Gold» de abril

Por: Luns, 31 de Marzo de 2014, 18:30 COMENTAR

games-with-gold
Neste vindeiro mes de abril, que comeza mañá mesmo, Microsoft agasallará aos membros cunha subscrición Gold a Xbox Live outros dous xogos dentro da promoción «Games with Gold».

Durante a primeira quincena do mes, poderase descargar de balde o «Hitman Absolution» (2012), última entrega da coñecida saga do Axente 47.

Para a segunda quincena e como ven sendo habitual, ofrecerannos un título de Xbox Live Arcade. Neste caso o título «Deadlight» (2012), un “survival horror” do estudo español Tequila Works.

«Games with Gold» de marzo

Por: Sábado, 1 de Marzo de 2014, 12:00 COMENTAR

games-with-gold
Aqueles de vós que teñades unha subscrición Gold na vosa conta en Xbox Live poderedes descargar durante esta primeira quincena do mes de marzo o xogo de estratexia Sid Meier’s Civilization Revolution, totalmente de balde, dentro da promoción «Games with Gold» coa que a compañía Microsoft está a agasallar dous xogos ao mes dende o pasado o mes de xuño do ano pasado.

Durante a segunda quincena, e como ven sendo habitual, teremos para descargar un xogo da categoría Arcade: o Dungeon Defenders.

En meses pasados, Microsoft ofreceu aos usuarios títulos como o Halo 3, Dead Rising 2 ou o Fable III, entre outros.

world-of-tanks
A versión para Xbox 360 do videoxogo «World of Tanks» estará dispoñible para descargar en Xbox Live dende o vindeiro 12 de febreiro.

Redeseñado específicamente para a consola de Microsoft, o título de guerra será gratuíto para os membros de Xbox Live cunha subscrición Gold, mentres que os usuarios cunha subscrición Silver disporán dun período de proba de 7 días.

Como na maioría dos “free-to-play”, haberá contidos premium, como novos modelos de tanques, aumento de experiencia, etc.

«Far Cry» de rebaixas en Xbox Live

Por: Martes, 7 de Xaneiro de 2014, 21:00 COMENTAR

far-cry-3

Ata o vindeiro día 14 de xaneiro, os membros Gold de Xbox Live teñen a posibilidade de descargar os xogos da saga «Far Cry» con grandes descontos de ata o 75 %.

Título: Prezo orixinal: Prezo rebaixado Desconto:
· Far Cry: Instincts Predator 14,99 3,74 € (-75%)
· Far Cry 2 9,99 2,49 € (-75%)
· Far Cry 2: Fortune’s Pack 4,79 1,19 € (-75%)
· Far Cry 3 29,99 14,99 € (-50%)
· Far Cry 3: Deluxe Bundle 9,49 4,74 € (-50%)
· Far Cry 3: Blood Dragon 14,39 4,74 € (-67%)

«Games with Gold» de xaneiro

Por: Xoves, 2 de Xaneiro de 2014, 21:00 COMENTAR

sleeping-dogs
Seguindo coa promoción «Games with Gold», a compañía Microsoft ofrece de balde durante esta primeira quincena do mes o videoxogo «Sleeping Dogs» (2012) a todos os membros Gold do seu servizo Xbox Live.

Para a segunda quincena do mes, ofrecerán o «Lara Croft and the Guardian of Light» (2010).

«Games with Gold» de decembro

Por: Mércores, 27 de Novembro de 2013, 17:00 COMENTAR

games-with-gold-decembro
Dende o vindeiro 1 de decembro e ata o 15 dese mes, Microsoft ofrecerá de balde a todos os membros Gold de Xbox Live, dentro da promoción Games with Gold (coa que agasalla dous xogos ao mes aos seus membros de pago), un dos grandes éxitos do ano 2006: o «Gears of War».

Na segunda quincena do mes, ofrecerán o xogo arcade «Shoot Many Robots», publicado en febreiro de 2012.

games-with-goldSegundo as cifras ofrecidas por Microsoft, dende que comezaron a campaña en xuño, os xogadores pasaron un total de 120 millóns de horas xogando aos videoxogos que a compañía regalou aos subscritores Gold do seu servizo Xbox Live, entre os que se inclúen títulos como Fable III, Dead Rising 2 ou Rainbow Six Vegas. Nesta segunda quincena de outubro, están a regalar o Halo 3.

xbox-liveDespois do recente lanzamento do exitoso (e nun principio tamén problemático, como era de agardar) GTA Online, a compañía Microsoft non quere desaproveitar esta oportunidade e ofrecerá a todos os usuarios Silver a posibilidade de probar as vantaxes da subscrición Gold do seu servizo Xbox Live durante esta vindeira fin de semana.

halo-3
Dende hoxe, 1 de outubro e ata o vindeiro día 15, os membros Gold de Xbox Live poderedes descargar de balde o «Might & Magic: Clash of Heroes», tal como xa vos anunciaramos hai uns días.

Agora xa coñecemos o título que nos ofrecerán durante a segunda quincena deste mes de outubro e non será outro que o coñecido «Halo 3», título que xa anunciaran que incluirían nesta promoción, mais aínda non se sabía cando.

Lanzado ao mercado en setembro de 2007, foi o primeiro título da exitosa saga de Bungie para a Xbox 360.

Para os que non a coñezades, coa promoción «Games with Gold», a compañía Microsoft está a agasallar, dende o pasado xuño e ata o vindeiro decembro, con dous xogos ao mes aos membros Gold do seu servizo Xbox Live. Polo de agora, incluíron títulos principais como o «Fable III», «Assassin’s Creed II»ou «Dead Rising 2» e títulos arcade como o «Magic 2013» ou «Defense Grid: The Awakening», entre outros.

might-and-magic-clash-of-heroes
Segundo confirmou Microsoft, o título da primeira quincena de outubro dentro da promoción Games with Gold, coa que está a agasallar dous xogos ao mes aos usuarios cunha subscrición Gold a Xbox Live, será o Might & Magic: Clash of Heroes (Ubisoft, 2011).

“Xa está dispoñible para XBLA o premiado xogo Might & Magic Clash of Heroes! Vive a épica aventura de 5 novos heroes que deberán liderar aos seus exércitos para salvar o mundo de Ashan. Descobre unha mezcla única de RPG, batallas e crebacabezas e os novos modos de combate online e offline de ata 4 xogadores. – Desfruta de 20 horas de campaña no impresionante universo de Might & Magic e aprende incríbles combos – Lidera 10 faccións de heroes e feitizos, 40 criaturas con diferentes habilidades e máis de 50 artefactos. – Reta aos teus amigos tanto online como offline, 1 contra 1 ou no novo modo cooperativo 2 contra 2. – Aumenta a experiencia do teu heroe ata convertilo nun campión nos modos exclusivos online de batallas con ranking.”

Máis información do xogo en Xbox.com.