«Games with Gold» de abril

Por: Luns, 31 de Marzo de 2014, 18:30 COMENTAR

games-with-gold
Neste vindeiro mes de abril, que comeza mañá mesmo, Microsoft agasallará aos membros cunha subscrición Gold a Xbox Live outros dous xogos dentro da promoción «Games with Gold».

Durante a primeira quincena do mes, poderase descargar de balde o «Hitman Absolution» (2012), última entrega da coñecida saga do Axente 47.

Para a segunda quincena e como ven sendo habitual, ofrecerannos un título de Xbox Live Arcade. Neste caso o título «Deadlight» (2012), un “survival horror” do estudo español Tequila Works.

state-of-decay
Undead Labs confirmou que haberá unha versión para PC do xogo State of Decay neste mesmo 2013.

O xogo foi todo un éxito dende o seu lanzamento o pasado 5 de xuño a través de Xbox Live Arcade, onde xa acadou a cifra das 500.000 descargas, convertíndose no xogo orixinal que máis rápido acadou esa cifra.

Esta nova versión para PC terá mellora nos gráficos, maior resolución e maior taxa de imaxes, pero non terá diferente contido nin características.

“O que non terá a versión de PC serán ferramentas de modificación (por cuestións de tempo e probas), pero non temos ningunha obxección cos mods e estaremos moi atentos a ver con que nos sorprenden os xogarores de PC.”

O estudio tamén ten a intención de participar no programa “Steam’s Early Access”, no que os xogadores poderán ter acceso ás versións beta do xogo antes do lanzamento ao mercado da versión final do xogo.

Co éxito acadado, non é de estrañar que Phil Spencer, vicepresidente de Microsoft Studios, amosara o seu interés en levar o título á nova videoconsola Xbox One, facendo notar que o estudo ten grandes plans para a franquía.

summer-of-arcade-2013
Como cada ano, Microsoft lanzará a promoción de rebaixas «Summer of Arcade» en agosto nos seguintes catro títulos de Xbox Live Arcade:

  • «Brothers: a Tale of two Sons» (505 Games), o 7 de agosto por 1.200 Microsoft Points.
  • «Charlie Murder» (Microsoft Studios), o 14 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Flashback» (Ubisoft), o 21 de agosto por 800 Microsoft Points.
  • «Teenage Mutant Ninja Turtles: Out of the Shadows» (Activision), o 28 de agosto por 1.200 Microsoft Points.

Ademáis, ao mercar dous xogos calquera dos anteriores, recibirás «Souls Pack for Ascend: Hand of Kul» de balde.

spartacus-legends
Todos os que sexades membros Gold de Xbox Live podedes descargar gratuitamente o xogo «Spartacus Legends».

Creado por Kung Fu Factory e publicado por Ubisoft, este xogo arcade permítenos meternos na pel dun gladiador romano e, combinando diversos estilos de loita e armas, combater en diversas arenas para acadar unha fama lexendaria que perdure durante séculos.

spartacus-legends-1

Para descargalo, podedes entrar a través do anuncio da páxina de inicio da interface ca Xbox 360, buscalo no bazar ou dende a páxina web, para que se descargue automáticamente a vindeira vez que iniciedes a vosa videoconsola.