É o momento da old-gen

Por: Venres, 16 de Xaneiro de 2015, 12:29 COMENTAR

old-gen

2015 xa está aquí, o terceiro ano natural da next-gen, o ano no que deberían surxir os títulos para estas consolas por todas partes, e seguramente sexa así, pero se botamos un ollo á lista dos dez xogos que eu máis espero deste ano hai algo que queda patente, os grandes títulos deste ano son, na súa maioría secuelas, por iso , e aínda que poida parecer absurdo, eu vos digo, este é o momento de disfrutar da PS3, da Xbox, da Wii e dos seus xogos.

Comecemos polo que pode ser máis obvio para todos, o prezo. Non vou dicir que mercar unha consola nova da next-gen sexa cousa de ricos pero o que está claro é que non está ao alcance de todos, polo menos non ao meu como humilde estudante, e se por riba a este prezo lle temos que sumar unha cuota mensual para poder disfrutar do online e que os prezos dos xogos, incluso de segunda man, non baixan do rango dos 45€, está quedando claro que se queres a túa consola para algo máis que ser un pisapapeis o investimento a realizar é elevado. Agora botade contas, mercar unha consola old-gen de segunda man e un bo feixe de xogos e aínda vos quedará para ir ao cine, como se fóramos millonarios! Se este é o primeiro achegamento ao mundo das consolas e non che sobran os cartos a old-gen é sen dúbida a túa xeración.

Se o prezo non é para vós un factor a ter en conta, afortunados, pode que o sexa o feito de xogar as sagas completas. Porque sexamos sinceros, máis aló de se o xogo está a 720p ou a 1080p, de se ten modo online ou deixa de ter, o que fai a un xogo relevante é a súa historia, a forma na que este transcurre e como nós somos capaces de meternos dentro de cada personaxe, e por iso mesmo é este o momento de disfrutar de todo aquelo que non puidestedes xogar no seu momento a un prezo asequible, é o momento de xogar a saga Assessin’s Creed, Far Cry ou os Uncharted, tal vez de probar clásicos como Heavy Rain, L.A. Noire, Bayonetta ou Mirror’s Edge por mencionar os máis coñecidos, ou incluso de tirarse aos grandes éxitos como o GTA V ou The Last of Us, grandes xogos que se polo que fora non xogastedes no seu momento estades a tempo de probar e disfrutar como se do día do seu lanzamento se tratase sen o gran desembolso que suporía iso, unha gran selección de títulos para todos os gustos.

Poucas razóns se me ocorren para non xogar a todo aquelo que non se puido no seu momento, gran variedade de títulos e prezos que ata certo punto fan xustiza ao contido. Por iso, porque a democratización do videoxogo é esta, para min este e non outro é o momento da Old-Gen, este é o momento dos grandes xogos.

 

Imaxe | Flickr

games-with-gold

Durante a primeira quincena de xaneiro, os usuarios Gold de Xbox Live para Xbox 360 poderán descargar de balde o «MX vs. ATV Alive» (39,99 €), mentres que na segunda quincena terán o «The Witcher 2» (29,99 €).

Dentro da promoción Games with Gold, os usuarios Gold de Xbox Live poderán descargar de balde durante esta última quincena de Decembro o «SSX» para a Xbox 360. Pola súa banda, os xogadores de Xbox One teñen de promoción o «Worms Battlegrounds».

«Games with Gold» de abril

Por: Luns, 31 de Marzo de 2014, 18:30 COMENTAR

games-with-gold
Neste vindeiro mes de abril, que comeza mañá mesmo, Microsoft agasallará aos membros cunha subscrición Gold a Xbox Live outros dous xogos dentro da promoción «Games with Gold».

Durante a primeira quincena do mes, poderase descargar de balde o «Hitman Absolution» (2012), última entrega da coñecida saga do Axente 47.

Para a segunda quincena e como ven sendo habitual, ofrecerannos un título de Xbox Live Arcade. Neste caso o título «Deadlight» (2012), un “survival horror” do estudo español Tequila Works.

titanfall
Electronic Arts comunicou a través de Twitter que a versión para Xbox 360 do seu novo shooter Titanfall sairá ao mercado dúas semanas máis tarde do previsto, o vindeiro 28 de marzo.

Segundo a mensaxe, esas dúas semanas extra serviranlle ao estudo Blueprint Games para pulir os últimos detalles.

As versións para PC e Xbox One sairán na data prevista, o 13 de marzo en Europa.

world-of-tanks
A versión para Xbox 360 do videoxogo «World of Tanks» estará dispoñible para descargar en Xbox Live dende o vindeiro 12 de febreiro.

Redeseñado específicamente para a consola de Microsoft, o título de guerra será gratuíto para os membros de Xbox Live cunha subscrición Gold, mentres que os usuarios cunha subscrición Silver disporán dun período de proba de 7 días.

Como na maioría dos “free-to-play”, haberá contidos premium, como novos modelos de tanques, aumento de experiencia, etc.

titanfall

O propio co-fundador do estudo Respawn Entertainment, Vince Zampella, respondeu en Twitter á pregunta dun usuario polo número de xogadores que soportará o modo online.

Segundo o propio Vince, este número non é por limitacións de hardware ou da rede, senón porque durante as probas lles pareceu que ofrecía o mellor balance de diversión nas partidas con personaxes controlados pola IA.

Tras as críticas por esta limitación, comentou:

O lanzamento está previsto para o vindeiro 13 de marzo para PC, Xbox 360 e Xbox One.

2K Games cancela a saga «MLB 2K»

Por: Mércores, 8 de Xaneiro de 2014, 14:00 COMENTAR

mlb2k13
A compañía 2K Games ven de anunciar que cancelan a saga de béisbol MLB 2K, polo que o MLB 2K13 será o derradeiro xogo.

“Decidimos non renovar a saga MLB 2K para 2014.”

“Estamos moi orgullosos dos logros acadados polo equipo responsable de MLB 2K e agardamos con interese as súas contribucións aos nosos futuros títulos, incluíndo NBA 2K, a franquía de baloncesto mellor valorada pola industria e a que máis copias vende.”

A compañía eliminou da súa páxina web toda mención á saga de béisbol, polo que todo parece indicar que o contrato de licencia remataba o día 31 de decembro.

Despois do sorpresivo lanzamento do MLB 2K13 o pasado marzo, esta última entrega recibíu numerosas críticas, pois básicamente era un MLB 2K12 cunha actualización dos elencos de xogadores dos equipos.

Esta cancelación deixa a MLB 14: The Show como único xogo da liga americana de béisbol anunciado para este 2014 para as consolas de Sony, deixando sen alternativas aos xogadores de Xbox 360 e Xbox One.

«Far Cry» de rebaixas en Xbox Live

Por: Martes, 7 de Xaneiro de 2014, 21:00 COMENTAR

far-cry-3

Ata o vindeiro día 14 de xaneiro, os membros Gold de Xbox Live teñen a posibilidade de descargar os xogos da saga «Far Cry» con grandes descontos de ata o 75 %.

Título: Prezo orixinal: Prezo rebaixado Desconto:
· Far Cry: Instincts Predator 14,99 3,74 € (-75%)
· Far Cry 2 9,99 2,49 € (-75%)
· Far Cry 2: Fortune’s Pack 4,79 1,19 € (-75%)
· Far Cry 3 29,99 14,99 € (-50%)
· Far Cry 3: Deluxe Bundle 9,49 4,74 € (-50%)
· Far Cry 3: Blood Dragon 14,39 4,74 € (-67%)

«Terraria» para PSVita, en decembro

Por: Luns, 25 de Novembro de 2013, 9:00 COMENTAR

terraria
Así o confirmou recentemente a compañía creadora 505 Games.

Despois das versións para PC, PlayStation3, Xbox 360 e smartphones, o exitoso xogo chega tamén á videoconsola portátil de Sony.

Este anuncio chega despois de que o mes pasado confirmasen que xa están a traballar na segunda entrega: «Terraria 2», na que, segundo o seu creador, Andrew Spinks poderán facer cambios que son imposibles de adaptar ao orixinal.

“Hai moitas cousas coas que estou bloqueado en Terraria. Como funcionan os botíns, como progresan os personaxes…”

“En Terraria 2, realmente quero ter infintos mundos para non estar preso nun único mundo. Podes viaxar a calquer lugar. Tamén quero máis diversidade biolóxica. Hai unha morea de cousas que quero engadir e cambiar.”

Titanfall sairá o 13 de marzo

Por: Martes, 22 de Outubro de 2013, 19:15 COMENTAR

titanfall-screen-1Titanfall, o xogo de Respaw Entertainment, sairá definitivamente o 13 de marzo en Europa para Xbox One.

Recordemos que Titanfall está colleitando moi boas críticas, incluíndo diversos premios.

Están xustificados estes premios? Aínda faltan uns meses para comprobalo.

dice-logo1

O productor executivo de DICE, Patrick Bach, estivo a falar sobre os xogos multiplataforma, e catalogou de covardes, pretender que en todas as versións se teñan que ver igual:

Tivemos un problema antes de que se acercase a Next-Gen, porque podiamos facer que un xogo lucise incríbel en PC (canto mellor era o PC, mellor loce o xogo), e entón ter un xogo que se mostrase estupendo en PS3 e Xbox 360, pero que non presentara un aspecto tan bo como no PC. E a xente non deixaba de protestar por iso.

A xente segue tocando o tema. Seguimos tendo vídeos comparativos nos que a xente nos xulgaba baseándose niso en lugar de compararnos con outros xogos das mesmas plataformas.

Podes tomar o camiño de covardes e fixar o teu límite en Xbox 360 e PS3, e facer que todas as versións se vexan igual que esas dúas, mais non é así como somos. Queremos lograr o mellor que poidamos co noso hardware.

Palabras para reflexionar. Debemos limitarnos para que todos teñan as mesmas posibilidades, ou pola contra o PC pode poñer en manifesto todo o seu potencial e deixar a un lado ás consolas no relacionado aos gráficos?