worms-revolution-extreme
Team 17 anunciou o lanzamento para PS Vita do seu último xogo dos vermes máis violentos, o Worms Revolution Extreme.

A versión de PS Vita aproveitará a pantalla táctil da videoconsola para cambiar de armas e controlar a cámara. Tamén contará cun modo multixogador de ata 4 xogadores.

“Worms Revolution Extreme inclúe unha extensa campaña para un xogador cun total de 72 niveis, cunha mistura de misións e crebacabezas. Os niveis están distribuídos en sete diferentes entornos: Sewer, Farmyard, Spooky, Beach, Mars, Funfair e Medieval.”

O xogo sairá ao mercado o vindeiro 9 de outubro por 14,99 €.

Worms Battle Island

Por: Martes, 21 de Decembro de 2010, 16:03 COMENTAR

Sen dúbida algunha, os Worms foron un dos xogos máis divertidos que podías atopar na SNES ou na Playstation, no entanto, os diferentes intentos de Team-17 por intentar adaptalos os novos tempos nunca tiveron un bo resultado. “Worms 3D”, “Una Gusanodisea espacial” e outro sen fin de títulos, tentaron recuperar a gloria perdida que no daba voltado. Agora, tócalle o turno a Worms Battle Island tentar recuperar ese título perdido.

O primeiro que nos fai dar conta de que non vai ser posible é o seu apartado gráfico. A única forma de describilo é anacrónico, os gráficos de este xogo son dignos dunha Playstation ou unha Nintendo 64 máis que dunha consola de esta xeración. Se ben son correctos, aprécianse claramente un desfase  para correr nunha nova consola e unha ausencia de progresión bastante evidente.

A música e os sons seguen na mesma liña cos gráficos, divertidas, amenas e unhas voces cheas de frases de pánico e gritos de alarma que son para partirse; pero, outra vez, nada que non viramos nas anteriores entregas.

Canto á xogabilidade, aí é onde este xogo non ten rival. É divertido a raiar, sobre todo se xogamos con algún amigo, cousa que dende xa podemos facer de maneira online, que era unha das grandes carencias de “Una gusanodisea espacial”. A pesar diso, o modo para 1 xogador faise pouco variado, e bótase de menos alguns modos máis.

Así pois, é un xogo dificil de recomendar ou descartar, xa que, se xogas con amigos e estas familiarizado coa mecánica, terás asegurado horas de diversión, máis se buscas un xogo novedoso o para xogar ti só, podes esquecelo xa que posiblemente acabaras canso nuns poucos días, e máis, se xa xogaches as versión anteriores.