Anunciado GPS3: Masters of the World

Por: Xoves, 21 de Febreiro de 2013, 23:35 COMENTAR

gps3mow-1
Eversim ven de anunciar o lanzamento da nova entrega do seu coñecido simulador político: Geo-Political Simulator 3: Masters of the World.

Esta saga tan coñecida tanto polas súas posibilidades como polos enormes erros nas versións anteriores, pon ao xogador na pel do presidente dun país que debe dirixir correctamente para evitar levalo á ruina, en guerra cos paises veciños ou morto durante unha sublevación popular.

Nesta nova entrega teremos unha interface renovada e un mapamundi moito máis detallado que en entregas anteriores, así como múltiples novas opcións de xestión do país.

gps3mow-2

O prezo do lanzamento é de 49,95 € e está prevista a súa saída entre o 15 e o 31 de marzo.
Polo de agora e durante un tempo limitado, teredes un 10% de desconto na reserva antes do lanzamento, co que aforraredes 4,95 €.

Máis información na páxina oficial.

Super Mario World

Por: Martes, 6 de Decembro de 2011, 17:06 COMENTAR

(Vía: Mundo Retro)

Mario World

Por: Martes, 5 de Xullo de 2011, 10:03 COMENTAR