Este rumor está a invadir a rede por completo, xa que segundo parece co próximo sistema operativo de Microsoft, Windows 8, os xogos da Xbox 360 poderían ser compatíbeis con este novo sistema.

Que supón isto? Pois que poderemos introducir calquera disco da Xbox 360 no noso computador e este ha de reproducilo sen problema ningún. Mesmo poderemos xogar online e baixar o contido descargábel.

Mais se isto se realizar ten un par de contras. A primeira delas, e a que máis ha de influír nos consumidores, é que para ter este servizo haberá que pagar unha cota mensual. A segunda eiva é que, aínda que se poida xogar online, non se van poder xogar partidas misturadas entre usuarios de Xbox 360 e PC, é dicir, non se poderán enfrontar entre eles.

Como dixen, se isto deixa de ser un rumor, que pretenderá Microsoft? Unha nova consola en breve sen retrocompatibilidade? Que cadaquén tire as propias conclusións.