warcraft
Fai uns días coñeciamos un novo atraso de tres meses no lanzamento do filme.

Desta vez, parece que chegan boas novas e vanse confirmando os actores que participarán no filme. Entre os nomes que Universal Pictures ven de confirmar atopamos coñecidos actores como Ben Foster, Travis Fimmel, Paula Patton, Toby Kebbell e Rob Kazinsky.

Ben Foster interpretou o papel de Russel Corwin na serie “Six Feet Under”. Tamén apareceu en filmes como “X-Men: A decisión final” ou “30 días de escuridade”, entre outras.

Travis Fimmel é coñecido por interpretar a Ragnar Lothbrok na serie “Vikings” (2013).

Paula Patton apareceu recentemente no filme “2 Guns” (2013) e “Misión Imposible: Protocolo Pantasma” (2011).

Toby Kebbell apareceu no filme “Ira de titáns” (2012) e “Prince of Persia: As areas do tempo” (2010).

Pola súa banda Rob Kazinsky interpretou recentemente a Macklyn Warlow na sexta tempada da serie “True Blood” (2008) e a Chuck Hansen no filme “Pacific Rim” (2013).

Ademáis destes nomes xa confirmados, tamén están a negociar con outros actores como Dominic Cooper, protagonista no filme “Capitán América” (2011) e que tamén aparecerá na adaptación cinematográfica do «Need for Speed» (2014).

Se non hai máis aprazamentos, está previsto que o filme chegue ás salas de cine o vindeiro 11 de marzo de 2016.

warcraft-film
Así o anunciaron na conta oficial de World of Warcraft no Twitter.

Estaba prevista a súa chegada as salas o 18 de decembro de 2015, mais esa data atrasouse uns tres meses ata o 11 de marzo de 2016.

Outro atraso máis dende o seu primeiro anuncio en 2006, cambios de director e protagonistas sen confirmar… Chegará de verdade algún día ás salas de cine?

warcraft-film
Blizzard está a preparar, xunto a Legendary Pictures (produtora de títulos como “300”), o lanzamento dun filme baseado no World of Warcraft.

Baixo o título «Warcraft», está previsto o seu lanzamento para o vindeiro 18 de decembro de 2015, tal como podemos ler na mensaxe do seu perfil en Twitter:

Todos os rumores indican que os actores Colin Farrell (“Corrupción en Miami” (2006), “Desafío total” (2012)) e Paula Patton (“2 Guns” (2013), “Misión imposible: Protocolo fantasma” (2011)) protagonizarán a adaptación cinematográfica do videoxogo.

Aos mandos do filme estará o diretor Duncan Jones (“Código fonte” (2011)).