No mundo dos videoxogos podemos ver de todo, dende un neno que salva á súa avoa grazas ao Mario Kart até a historia que nos depara hoxe, unha edición especial cun prezo de un millón de dólares.
Esta será unha edición especial de Saints Row IV e traerá o nome de Wad Wad Edition cun contido bastante elitista a verdade:
- Unha viaxe ao espazo
- Réplica a tamaño real da pistola Dub-Step
- Unha operación estética
- Un asistente persoal de compras
- Sete noites na suit real de Burj-Al-Arab en Dubái
- Unha experiencia de secuestro
- Un día de entrenamento de espía
- Unha colección de roupa
- Unha semana para dúas persoas no Jefferson Hotel de Washington DC
- Voos en primeira clase a Dubái e Washington
- Un lamborghini Gallardo
- O novo Toyote Prius cun ano de seguro
- Unha suscripción dun ano a Super Car
- E unha edición Commander in Chief de Saints Row IV
Debedes saber que só hai unha edición á venta, polo tanto se tedes por aí ciscados un millonciño de dólares xa sabedes onde os podedes gastar.
Sabiamos que esta saga é bastante tola, pero penso que romperon límites con esta edición.