saintsrow4
O Consello Australiano de Clasificación (ACB, nas súas siglas en inglés) rexeitou a clasificación do «Saints Row 4» no seu segundo intento de superar as probas.

A pesar da creación da nova categoría de clasificación R18+ a comezos deste mesmo ano, as autoridades do país xa son ben coñecidas pola súa dureza cos videoxogos, chegando en moitos casos á prohibición da súa venda no país, como pasou recentemente con State of Decay.

A inclusión no xogo de certas escenas violentas e substancias ilícitas como incentivo ou recompensa son os principais motivos polos que os tres membros que forman o consello rexeitaron a clasificación do xogo.

Pese a isto, aínda hai esperanzas para os xogadores do país: Volition, compañía creadora do xogo, está a traballar no código do xogo para crear unha versión “censurada” do xogo, coa que agardan obter a clasificación e poder vender o xogo en Australia.

O lanzamento en Europa está previsto para o vindeiro 23 de agosto en PC, PlayStation 3 e Xbox 360.