A historia de RARE en vídeo

Por: Martes, 8 de Maio de 2012, 11:17 COMENTAR

Fai un tempo que Rareware (RARE) era unha das compañías de videxogos máis importantes do mundo dos videoxogos, pero como cambian os tempos que actualmente realizan… como dicilo sen chorar…ehhh, realizan minixogos para Kinect.

Pero non debemos quedar con isto e recordar a RARE cando verdadeiramente nos facían desfrutar de grandes obras de arte.

Recordemos que levan o selo de RARE títulos como Donkey Kong Country, Goldeneye 007 ou Banjo Tooie (para min o mellor plataformas en 3D da historia). Como vedes a compañía creada polos irmáns Stamper foi un sinónimo de calidade, de feito eran pioneiros en exprimir sempre a calidade gráfica da época.

Estes irmáns fundaron Ultimate Play the Game, empresa que venderon para crear o que foi RARE. Pouco despois uníronse á Nintendo para poñerse ao cargo de series como Donkey Kong que supuxeron un gran salto para a compañía nipona.

A partires de aquí e nos seguintes anos, personalmente até a Nintendo 64 non pararon de dar alegrías aos que desfrutamos dos bos videoxogos con títulos verdadeiramente sorprendentes, por isto mesmo agora doe que rematasen realizando pseudoxogos para Kinect.

Pero para que teñades unha idea mellor sobre esta gran compañía podedes ver este repaso da historia de RARE en cinco vídeos de dez minutos cada un. Están en inglés pero son unha gran fonte de nostalxia e son vídeos moi interesantes.

Anímovos a que lle botedes un ollo.

Ler o resto da entrada »

Vídeos a patadas de videoxogos da PS Vita

Por: Mércores, 14 de Decembro de 2011, 13:27 COMENTAR

Se sodes dos que pensades adquirir a PS Vita aquí tedes un post obrigatorio de ver, e non porque nos amosen unha vez máis as características da mencionada consola, senón porque podemos ver un kilo de tráilers sacados do evento levado a cabo en San Francisco.

Os compañeiros de VG247 fixeron unha recopilación dos mellores vídeos.

A continuación teredes todos estes vídeos, e quero facer mención e resaltar títulos como Escape Plan, Uncharted e Gravity Rush que teñen un plantexamento que dalgunha forma atraen o meu cerebro.

O certo é que tamén debo mencionar que moitos deles non me gustan en absoluto, pero ao mellor coa consola o conto cambia, ou o mellor non…

Ler o resto da entrada »

Sistema de apuntado de Max Payne 3

Por: Martes, 22 de Novembro de 2011, 18:51 COMENTAR

Dende Rockstar Games preséntannos un novo vídeo da súa terceira entrega de Max Payne no que nos explican como será o sistema de apuntado deste xogo de acción.

Como saberedes neste videoxogo haberá moitos disparos, polo tanto o método que empregaremos para este feito ten un peso bastante grande. Volveremos ver o tempo bala (que a primeira entrega popularizou) e situacións bastante impactantes.

O vídeo foi titulado como Deseño e Tecnoloxía, polo tanto podedes saber outros temas que se tratan neste vídeo demostrativo.

Nestes dous vídeos que vos traio amósannos dous novos escenarios e bastantes escenas que desexaredes estar controlando vós mesmo ao protagonista. Sempre mantendo o colorido, o amor e o desenfado típico que Miyamoto nos ten acostumados.

O primeiro escenario é o Lago Floria (outra fase do mar, tan complexa como nalgún dos xogos anteriores?) e o segundo é a Cisterna Ancestral (vaia nome), e nas dúas ocasión vemos como nos ofrecerán retos e puzles que deberemos resolver á vez que eliminamos a certos inimigos, aínda que as pelexas parecen bastante monótonas.

Os días pasan rápido, e as ganas de probar o que posibelmente sexa o último boom de Wii aumentan con cada vídeo.

Imaxe e vídeos de PSP 2

Por: Xoves, 27 de Xaneiro de 2011, 15:04 COMENTAR

Pois a imaxe filtrada días anteriores non era real, e despois de que Sony realizase un evento para presentar a súa nova NGP (espero que non deixen este nome), podemos comprobar a auténtica forma e incluso algúns vídeos sobre os títulos que terá.

O primeiro que debo mencionar é que a consola sairá a finais deste ano, algo sorprendente tendo en conta que aínda se acaba de sacar á luz.

Grazas aos vídeos expostos a continuación podemos confirmar os dous sticks analóxicos (xa todos contabamos con eles), pantalla táctil e posibilidade de manexar títulos con só mover a consola.

Con relación aos títulos xa están confirmados Killzone,Resistance e a maior sorpresa foi a aparición dun novo Uncharted. Aquí podemos ver un vídeo resumo dos videoxogos que poderemos desfrutar:

Ler o resto da entrada »