Goat Simulator, o simulador de cabra

Por: Martes, 11 de Febreiro de 2014, 22:55 1 COMENTARIO

Mágoa que sexa falso… ser unha cabra sempre foi meu soño secreto.

Vía | Microsiervos

Filtrado vídeo de DriveClub

Por: Mércores, 22 de Xaneiro de 2014, 12:24 COMENTAR

Acábase de filtrar un novo vídeo de DriveClub, mais non é o típico vídeo gameplay para meternos o xogo polos ollos, senón un vídeo explicativo sobre as directrices de DriveClub que nos resume algunhas das súas características e de como se pode converter nun dos grandes do xénero.

Certo que tamén visualizamos uns segundos de gameplay, e do único que estou seguro é que están a facer unha campaña deste xogo realmente boa, e se todo o que amosan del é tan certo como parece, os amantes do motor (e incluso os que non) están de noraboa.

Activision saca un vídeo promocional da súa terceira entrega de Modern Warfare e sae en todos os sitios, por qué?, pois porque está extremadamente ben feito e recrea unha cidade en guerra perfectamente, ou tamén pode ser que é porque non hai ningunha nova moi relevante…

De todos os xeitos, podemos comprobar como o vídeo fai alusión aos dous tipos de xogadores que existen hoxe en día, o experimentado, ou tamén chamado hardcore game, e o principiante, ou tamén denominado casual game. O primeiro controlando a situación e o segundo rebentando con todo sen sentido.

O vídeo non ten dúbida ningunha, e aínda que Activision xa ten feito estes vídeos promocionais nalgunha outra ocasión, desta volta eleva a calidade ao máximo.

Dádelle unha oportunidade e preparádevos para a guerra, porque entre Battlefield 3 e Modern Warfare 3 temos tiros para unha tempada.

Por moito que os seus creadores non quixesen que este pequeno gameplay que amosaron no E3 non saíse en Internet, todos sabemos que isto é inevitábel, e aquí vos amoso o vídeo con partes reais do que será a próxima aventura do Axente 47.

Impresións?, pois irregulares, xa que a primeira vista parece que loce moi ben, cun apartado técnico moi bo e unhas escenas de infiltración moi adecuadas (aínda que xa moi vistas), pero tamén vexo erros, e o máis grande é o feito de que cando colles un obxecto, desaparece e aparece na túa man por arte de maxia. A estas alturas non creo que isto fose necesario

Está claro que o xogo non sairá até 2012 e teñen tempo de arranxar estos pequenos erros, pero non me fío.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=C0w21Cvuq_A

A reencarnación de Rayman

Por: Martes, 7 de Xuño de 2011, 10:40 COMENTAR

Sorprendeume moi gratamente o vídeo que amosou Ubisoft neste E3 de Rayman:Origins, non só polo fermoso apartado técnico, se non polo seu plantexamento que pretende volver á orixe (de aquí o sobrenome Origins).

E polo que parece non é só unha estratexia de márketing, xa que o plataformeo en 2D está presente en todo o tráiler, e todo isto acompañado dun segundo xogador que nos axuda (ou nos entorpece) nos escenarios.

Non sei vós, pero para min foi a gran sorpresa de Ubisoft.

http://www.youtube.com/watch?v=XFOfz6qZlrU&feature=player_embedded

Por fin chegou, despois de que Crystal Dynamics amosase unha serie de imaxes da súa nova entrega de Lara Croft agora chega o primeiro tráiler. E a verdade, a sensación que daban as imaxes no vídeo está multiplicado por mil, é dicir, angustia, medo, supervivencia, fraxilidade, inexperiencia… e aínda que o vídeo sexa un CGI, a min deixoume verdadeiramente satisfeito, xa que a espectacularidade predomina ante todo.

Como veredes, Lara Croft deixará a un lado as aventuras brancas e lixeiras para incrementar a dureza nas situacións, e para aseguralo teremos que esperar até outubro de 2012, ou polo menos esta é a fecha polo de agora.

Análise de Splinter Cell 3DS

Por: Martes, 24 de Maio de 2011, 9:49 COMENTAR

Colócome diante da estantería dos videoxogos e miro cal vou adquirir para estrear a miña Nintendo 3DS, miro de arriba abaixo, de abaixo arriba e soño en que da segunda vez que miro aparezan novos e mellores xogos, pero non é así, o conxunto de xogos que sacaron para estrear a nova portábel de Nintendo non está á altura da propia consola, e a miña man coaccionada polo meu cerebro pixelado agarra o Splinter Cell 3D.

Por que?,pois porque a pesar de xa ter xogado o Chaos Theory, os meus excelentes recordos ante esta obra de infiltración fan que prefira volver pasar este remake, que calquera do resto de proxectos.

Pero comecemos analizando esta versión 3D do Chaos Theory.

Ler o resto da entrada »

Tráiler de Monkey Ball 3DS

Por: Luns, 14 de Marzo de 2011, 15:00 COMENTAR

Existe unha serie de videoxogos que parece que foron creados única e exclusivamente para estrear as novas consolas que saen ao mercado. Un deles é o xogo de condución arcade Ridge Racer e outro é o título que nos corresponde hoxe, o Monkey Ball.

Sexamos honestos, Monkey Ball nunca foi un xogo que chamara demasiado a atención, é máis, nin sequera o vídeo que vos amoso aquí capta a atención do espectador, pero supoño que se aproveitará das ansias iniciais dos xogadores que queren probar a 3DS para vender o suficiente e non ter perdas.

Polo menos desta volta pode ter o aliciente das tres dimensións, pero aínda así, case vale a pena esperar un pouco a títulos de máis calidade.

Filtrado gameplay de Battlefield 3

Por: Domingo, 6 de Marzo de 2011, 15:47 COMENTAR

Despois dun par de días de ausencia na páxina volvo traendo comigo un novo gameplay do brutal Battlefield 3, directamente filtrado dende a GDC, no cal nos volven a mostrar que DICE está realizando un impresionante traballo.

Vale, sei que o vídeo está grabado dende un cámara posíbelmente de teléfono, vale, tamén sei que o señor ten menos pulso que un cirurxán farto de tequila, pero con todo isto podemos percibir un título que chamará a atención de todos.

Mención especial á destrución de escenarios (típicos da saga) e aos efectos de iluminación.

Alguén dubida de DICE?

Novo vídeo de Ni no Kuni para PS3

Por: Luns, 31 de Xaneiro de 2011, 8:45 COMENTAR

Un dos mellores xogos de rol para PS3 e Nintendo DS volve reaparecer no panorama cun novo vídeo no que volve deixar patente o seu preciosista acabado técnico.

Por qué digo que Ni no Kuni vai ser un dos mellores?, pois porque os que están detrás desta nova obra non son outros que os sempre xeniais Level 5.

No seguinte vídeo podedes aprezar a singular beleza dos gráficos, como se desenvolverán os seus combates e parte do seu Making off, que aproveitarán mellor todos aqueles que se defendan co xaponés.

http://www.youtube.com/watch?v=xsuyN9EJD2A&feature=player_embedded

Isto que aquí vos mostro é probabelmente a interpretación máis abraiante do tema de The Legend of Zelda: The Wind Waker. É interpretado exclusivamente por un rapaz chamado FreddeGredde. É quen de lograr, gravando cada instrumento por separado e xuntándoos despois, non ter nada que envexar a unha verdadeira orquestra sinfónica. Se gostades do vídeo recoméndovos encarecidamente visitardes o seu canal do Youtube (http://www.youtube.com/user/Freddie25), onde ten moitos vídeos tan bos como este.

Mario vs Songoku

Por: Luns, 4 de Outubro de 2010, 15:36 COMENTAR

Se hai dous personaxes que movilizaron a varias xeracións estos foron Songoku e o bo de Super Mario, pero que pasaría se pelexaran entre eles?,un coa onda vital e outro coa bola de lume, un co teletransporte e outro cos saltos, un salvador do planeta e outro… tamén.

Deixémonos de palabras inútiles e mirade este vídeo que non ten desperdicio ningún.