Se hai algo que resaltar sobre os VGA celebrados este ano foi a aparición dun vídeo sobre un hipotético xogo chamado “The Phantom Pain” e do cal non se sabía absolutamente nada.

O tráiler resulta espectacular e máis sabendo que se move cun hardware equivalente ás consolas actuais, pero a parte disto todo resulta enigmático, xa que Movy Dick Studio o único que fixo foi lanzar o tráiler e alonxáronse de calquera especificación.

Pois ben as especulacións comezaron a saír e o proxecto vincúlase directamente con Hideo Kojima, creador da famosa saga Metal Gear Solid.

Na web da compañía aparece que o seu fundador é un tal “Joakim Mogren” que se reorganizamos a primeira palabra temos a palabra Kojima e se reorganizamos a segunda aparece a palabra Ogre, do Project Ogre de Kojima.

Será un indicio de MGS 5? (todos sabemos o que lle gusta facer este tipo de cousas a Hideo Kojima), ou algo relacionado co Proxecto Ogre?

Polo de momento foi presentado como un novo videoxogo e recibirémolo como tal, e máis despois de ver o seu espectacular tráiler.

The Last of Us, a nova marabilla de Naughty Dog

Por: Domingo, 11 de Decembro de 2011, 16:35 COMENTAR

Esta noite celebráronse os premios VGA e case estou por asegurar que foi mellor que o propio E3 (feira que cada ano vai a menos), e entre a tempestade de tráilers existe un que iluminou bastante máis que o resto.

A grande sorpresa veu na man de Naughty Dog, creadores de Uncharted, xa que cun tráiler que amosa o propio apartado gráfico do novo xogo, fixo acelerar as pulsacións de máis de un.

Todo o encando técnico de Uncharted nas mans dun home sen afeitar e unha nena que deben sobrevivir a un mundo que está fodido.

Con estas palabras non te emocionas?, certo, o vídeo fala máis que o que digo eu, así que preparádevos para desfrutar en 3,2,1…

O próximo sábado procederase a entregar unha serie de premios aos mellores xogos do ano (hai que ben, hai que mal…bah, a min non me interesa o feito dos premios), o que realmente me interesa e o que acompañará a esta celebración, é dicir, as novidades que se presentarán, entre as que se atopan novos xogos.

No referente aos premios que dicir, nunca vai chover ao gusto de todos, polo tanto supoño que haberá algo de polémica, pero o verdadeiramente interesante é o vídeo que amoso a continuación, onde o bo de Cliffy B. (principal responsábel de Epic Games) anuncia que presentará un gran anuncio e unha nova experiencia.

Toda a prensa deu por sentado que presentará un novo videoxogo, e se non é así, que pode ser?

Cada un que faga as súas apostas, pero eu apostaría por un novo xogo por descarga, unha segunda entrega de Shadow Complex ou algo moi similar.

A vós que vos parece?