Vive VR

Sony e o seu proxecto Morpheus, Oculus Rift e as súas VR, Samsung e as súas Gear VR e agora, despois de un tempo agardando, chega Valve á realidade virtual con Vive, os seus anteollos producidos por HTC e que, polo menos en especificacións, e a espera de que Oculus Rift saque o seu hardware definitivo a finais de ano, sitúanse como as máis punteiras e avanzadas do mercado, e iso sabendo que Valve está detrás asegura unhas cantas cousas.

Se nos centramos no apartado técnico temos que con cada ollo imos ter unha resolución de 1200×1080 píxeles, algo por debaixo dos 1920×1080 das Oculus, pero que contarán cun refresco de 90Hz, o que non quere dicir que vai funcionar a 90 fps. Na parte exterior destacan os 70 sensores aos que lles temos que sumar un acelerómetro, un xiroscopio, posicionador e un sensor de localización láser que é capaz de situar a posición da cabeza no espazo cun erro inferior ao 0,1º. Ademais de isto, que sería o conxunto dos anteollos por si mesmo, contaremos nun futuro con dous posibles engadidos, o primeiro a SteamVR Base Station, unha base que nos localizará con exactitude nun área de 4,5×4,5 metros, e polo outro lado dous mandos, un para cada man, que nos axuden a interactuar co xogo dunha forma máis real.

Que conclusión podemos sacar de todo isto? Pois por un lado, e atendendo só ao apartado técnico presentado, queda claro que as Vive van ser un referente no que se refire a mobilidade e a posibilidade de interactuar co xogo, xa non só a través dos controis senón tamén co noso propio corpo con controis que simulan a Kinect, aos mandos da Wii e incluso sensores novos para o sector, un paso máis cara unha realidade virtual máis transparente. Polo outro lado temos a Valve detrás, algo que nos asegura contido, e non calquer contido, os primeiros rumores xa sinalan a unha versión de Half-Life para VR, algo que sen dúbida agardamos con ganas.

E vós que pensades da realidade virtual? Será o futuro ou só unha posibilidade máis no mundo dos videoxogos?

 

Web oficial | HTC Vive

images

Moitos podedes preguntaros a conto de qué ven unha nova acerca de política nun blogue de videoxogos. Seguramente o nome do que estamos a falar non vos soe de nada, pero de seguro que o resultado das últimas eleccións gregas non vos é descoñecido.

Pois ben, no vindeiro goberno de Grecia, o ministro de economía será Yanis Varoufakis, un matemático formado na universidade de Essex e autor entre otros do libro O Minotauro global, forma parte dende 2012 da plantilla de Valve, sendo un dos resposábeis da actual política da compañía.

Valve levará novas das Steam Machines á GDC

Por: Martes, 13 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

Dende Valve informaron recentemente de que non habería Steam Dev Days, e que a empresa levaría á vindeira GDC 2015 importantes novas acerca das Steam Machines.

Deste modo, supostamente a empresa americana mostrará importantes novas nas súas consolas e no seu mando, un dos puntos máis esperados do sistema. Ó mesmo tempo, declararon que a empresa ía ter unha presenza xigante no evento, con ditas máquinas ó fronte.

Hartred supera Steam Greenlight

Por: Venres, 2 de Xaneiro de 2015, 10:00 COMENTAR

hatred-mass-murder-game

Hartred, o polémico xogo que foi retirado de Steam Greenlight por parte de Valve e logo devolto, superou a etapa na que os usuarios votan para que sexa publicado en Steam, de modo que estará presente na plataforma de vendas de Valve.

Valve bota a tramposos do CS:GO

Por: Venres, 26 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

CS_Global_Offensive

Valve parece que se está a por firme cos tramposos, polo momento atopou 16 sitios web de merca de trampas e está a botar a todos os involucrados.

Polo de agora involucraron a 2 famosos xogadores do último xogo da saga Counter Strike, pero o total acada unha suma de 1600 persoas aproximadamente.

Steam Controller aprázase ata 2015

Por: Mércores, 28 de Maio de 2014, 19:15 COMENTAR

O Steam Controller, o mando que empregarán as futuras consolas de Valve, foi retrasado oficialmente ata o vindeiro ano 2015.

Fontes de Valve indican que este retraso é debido á resposta non totalmente satisfactoria dos usuarios que están a probar estes novos mandos, un grupo de probadores no que estarían involucradas tanto persoas relacionadas co mundo dos xogos coma persoas totalmente alleas ó mesmo.  Parece ser que os problemas veñen máis concretamente por parte do deseño dos derradeiros prototipos inalámbricos.

Half Life 3 e Left 4 Dead 3 confirmados

Por: Domingo, 25 de Maio de 2014, 21:42 COMENTAR

Minh “Gooseman” Le, un dos creadores do coñecido shooter online Counter Strike confirmou recentemente nunha entrevista no medio goRGNtv que a esperada terceira parte da saga Half Life está a ser desenvolta nestes intres.

Como non podía ser de outro modo, xa comezaron os rumores acerca dunha próxima saída do xogo tendo en conta que o E3 2014 terá lugar en datas próximas. Na direccion oposta, das palabras de Gooseman extráese que o desenvolvemento do xogo está nunha etapa bastante temprana, dado que únicamente fala acerca de imaxes conceptuais, non do xogo en sí mesmo.

Por outra parte, si que fala de imaxes ingame de outro xogo que era un segredo público que estaba en proceso de desenvolvemento, pero que agora queda totalmente confirmado, como é a terceira parte doutra das sagas de Valve, unha que trocou o mundo multixogador online para sempre, como é Left4Dead.

Parece que tras unha longa espera, por fin Valve aprendeu a contar ata 3.

Steam acada os 75 millóns de usuarios

Por: Xoves, 16 de Xaneiro de 2014, 12:02 COMENTAR

Steam_LogoSegundo as cifras publicadas pola compañía Valve, o seu exitoso servizo Steam xa conta con máis de 75 millóns de usuarios, o que supón un aumento de máis de 10 millóns dende o último informe do pasado outubro.

Nova actualización de SteamOS

Por: Venres, 10 de Xaneiro de 2014, 10:00 COMENTAR

steamos
A compañía Valve ven de publicar unha nova actualización para a versión beta do seu novo sistema operativo SteamOS que mellorará o rendemento das tarxetas gráficas AMD.

Segundo a nota da actualización, esta actualización actualizará os controladores AMD Catalyst á versión 13.11 Beta 9.9.

“Esta actualización inclúe os drivers Catalyst nos nosos repositorios cunha versión pre-lanzamento. Esta versión debería arranxar o pobre rendemento nos xogos e os erros ao volver ao escritorio.

Podedes descargar a versión beta dende a súa páxina en Steam.

«Steam Holiday Sale 2013»

Por: Venres, 20 de Decembro de 2013, 10:00 COMENTAR

steam-holiday-sale
Xa están dispoñibles as ofertas de Nadal en Steam con descontos de ata o 80%.

Dende este mesmo xoves 19 e ata o vindeiro 3 de xaneiro haberá dous tipos de ofertas: ofertas diarias, que durarán 24 horas e ofertas flash que durarán 8 horas.

Dentro das ofertas diarias, agora mesmo podemos atopar:

Título: Prezo orixinal: Prezo rebaixado Desconto:
· Metal Gear Rising 19,99 € 13,99 € (-33%)
· Space Hulk 27,99 € 9,51 € (-66%)
· Dead Island 19,99 € 4,99 € (-75%)
· The Stanley Parable 11,99 € 7,19 € (-40%)
· BioShock Infinite 29,99 € 7,49 € (-75%)
· Dishonored 29,99 € 7,49 € (-75%)
· Monaco 10,99 € 2,19 € (-80%)
· Batman: Arkham Origins 49,99 € 24,99 € (-50%)
· Assetto Corsa 34,99 € 26,24 € (-25%)

Xa dispoñible a beta de «SteamOS»

Por: Luns, 16 de Decembro de 2013, 16:00 COMENTAR

steamos
Valve ven de publicar a versión beta do seu sistema operativo baseado en Linux, o SteamOS

Dende a compañía afirman que esta versión beta non é apropiada para usuarios sen certos coñecementos técnicos e que non é un produto rematado, mais ofrecerá unha mellora de rendemento significativa.

Outro punto importante é que polo de agora soamente soporta certo hardware, pero están a traballar para aumentar a compatibilidade. É recomendable ler a páxina de «Preguntas e respostas de SteamOS» antes de probar a beta.

“SteamOS definitivamente non é un produto acabado preparado para un usuario non técnico.”

“Dito isto, xa podemos usalo nas nosas salas de estar. Estamos moi animados sobre o que é e o que vai ser. E cantos máis de vós o probedes e nos contedes as vosas experiencias, máis rápidamente puliremos as arestas.”

“Os usuarios non deben considerar SteamOS como o remprazo para o seu sistema operativo de escritorio. SteamOS está a ser deseñado e optimizado para unha experiencia na sala de estar.”

Podedes descargar a beta dende a súa páxina en Steam.

steam_machines
Dende o seu anuncio a finais de setembro, as «Steam Machines» preséntanse como unha boa competencia ás videoconsolas de nova xeración.

Antes de lanzalas ao mercado, a compañía Valve quixo que 300 usuarios as puxeran a proba, así que abríu un período de inscrición ata o pasado 25 de outubro.

Xa en pleno decembro, a partir de mañá, día 13 (ollo os supersticiosos…), a compañía comezará a enviar esas 300 unidades de proba aos afortunados usuarios gañadores, que recibirán na casa o pack formado por unha Steam Machine (haberá varios modelos con diferentes configuracións) e un Steam Controller. Ademáis, nestas unidades de proba irán instalados varios xogos que corren nativamente no sistema operativo SteamOS.