rainbow-six-patriots
O directivo de Ubisoft, Laurent Detoc, admitíu que o anunciado shooter Rainbow Six: Patriots non funcionaba e terá que ser feito de novo.

“Nós tiñamos o equipo. Eles tiñan unha boa idea. Comezaron a traballar e entón o xogo non estaba a funcionar. Así que tiveron que comezar de novo.”

“Hai un grupo editorial en Ubisoft, un gran grupo, con moitas influencias. Se o xogo non é suficientemente bo, din que non é suficientemente bo. A maior parte do tempo, o equipo dirá: «Si, sabémolo.» Pero outras veces, queren que sigas nunha dirección na que dis: «Non, non vai funcionar.»

“É un deses exemplos no que o intentas e, se non funciona, volves a intentalo. Se segue sen funcionar, non volo imos entregar así.”

Este videoxogo do estudo Ubisoft Montreal foi anunciado en 2011 e despois demorado a 2013, antes de demoralo para o lanzamento nas consolas de nova xeración. Este shooter táctico terá unha historia que capturará a realidade do terrorismo moderno.

Polo de agora, nada se sabe dunha posible data de lanzamento.