A consola definitiva

Por: Martes, 6 de Setembro de 2011, 13:29 COMENTAR

Cántos temas en foros preguntaron iso de… cal é a mellor consola desta xeración?

De aquí saían os fanáticos de cada compañía (como se traballaran para elas) defendéndoas a morte, mais moito me temo que ningún tiña a razón completa, e agora chego eu coa miña chulería e digo. O único que vai ter razón nesta discusión vou ser eu, e xa está.

Todo isto nace despois de ver a un destes especialistas en “cacharros” raros que comezan a mesturar e conectar cables por aquí e por alá dando como resultado criaturas divinas.

Desta volta é un trebello que contén todas as características internas dunha Xbox 360, unha PS3 e un PC.

Se eres dos que non che arremete nada e queres crear a túa propia PC3 360, o seu profesor Bacterio déxache os pasos a seguir na súa páxina.