Mario Kart 7 contará cun volante oficial

Por: Martes, 25 de Outubro de 2011, 16:27 COMENTAR

Uhhhh,vaia notición verdade?, por suposto, eu se non fose polo que me río con estas novas non as plasmaría na páxina, pero o certo é que me fan bastante graza.

O mencionado volante ven da man da compañía Hodi e custará uns 12 euros ao cambio.

O certo é que aínda non está confirmado que este periférico chegue a occidente, pero vendo a enorme repercusión desta saga non me extrañaría absolutamente nada. Como vedes na imaxe, o periférico non deixa de ser un anaco de plástico onde se introduce a consola, moi parecido a…claro ao volante que trae o Mario Kart Wii, e onde teño eu ese volante?, pois o certo é que non o sei moi ben, quizáis debaixo do sofá?, dentro da caixa da Wii?, no caseto do can?… quen o sabe.

E agora diríxome a Nintendo:

Por que sacades estas trangalladas que non supoñen nada para o propio videoxogo, é máis, aínda lle restan diversión, porque alguén controla o Mario Kart co volante?, repito, alguén de máis de 10 anos controla o Mario Kart Wii co volante?, dubídoo moito.

Pero bueno, outro trebello inútil que chamará a atención dos máis pequenos, o que suporá un aumento das ventas por parte da xente que nin sequera desfrutará do videoxogo, só máis millóns…ahhh, mira ti que listos os de Nintendo…

10 vantaxes de xogar a un título malo

Por: Venres, 3 de Xuño de 2011, 13:47 COMENTAR

Estamos fartos de escoitar sobre o bos que son algúns videoxogos, sobre as sensacións que transmiten, os recordos que nos perduran ao longo dos anos e toda unha serie da vantaxes que nos inundan, pero por que non darlle a volta o pastel e vemos cuns ollos máis optimistas as vantaxes desta serie de videoxogos que nunca deberían ter saído ao mercado.

Aquí vos deixo 10 vantaxes de xogar a un título malo.

  1. Empregalos como somníferos. Como contraposición, se un xogo non é divertido é que é aburrido, e o aburrimento sempre fomenta o sono.
  2. Permíteche atender a varias cousas á vez, é dicir, se estás xogando a un título bo, a túa atención está completamente fixada no videoxogo, pero se o xogo é dos ruíns podes aproveitar para escoitar música ao mesmo tempo, estudar un pouco entre carga e carga… xa que o interés polo título non é completo
  3. Se es dos que pensas que un bo crítico só se dedica a poñer a parir filmes, libros, videoxogos… pois tes unha vítima para facer seguir medrando a túa tontería.
  4. A merca dese videoxogo produce ganancias á empresa desenroladora, estas ganancias converteranse en motivacións,estas motivacións permitirán crear outro xogo que poida ser mellor que o primeiro (demasiadas casualidades se deben dar)
  5. Acabas de coñecer a unha persoa coa mesma consola que a túa e cun impresionante xogo que acaba de saír ao mercado. Pois xa podedes facer un intercambio, ti déixaslle a túa trangallada e el a súa obra de arte. O único que pode saír perdendo e el.
  6. Sérveche para vendelo de segunda man nunha das tantas tendas que levan a cabo este proceso, e sei de primeira man que danche tanto polo mellor xogo do mercado como pola peor “bazofia” do planeta.
  7. Un xogo sempre aumenta a túa colección, deste xeito ao mirar como a túa estantería se vai cubrindo de videoxogos , medra o teu interior friki facéndote máis feliz.
  8. Cando xogas a este tipo de videoxogos é imposíbel non tentar berrar e insultar polos cartos malgastados. Con estes berros e insultos liberas adrenalina que che fan esquecer calquera dor que tiveses anteriormente.
  9. Unha vez que rematas o xogo pregúntaste, Como pode haber persoas que saquen esta cousa a un prezo tan elevado? Como hai xente que se aprobeite dos consumidores deste xeito? Como nos poden enganar con tanta publicidade enganosa? Inconscientemente estás aprendendo a sobrevivir no mundo no que estás, con preguntas que o mellor nunca te farías. Estes xogos estante preparando para os paus que da a vida.
  10. Sérveche para crear un post bastante innovador sobre as dez vantaxes que ten xogar a un xogo pésimo.

 

Grande espectáculo teatral de Portal

Por: Martes, 31 de Maio de 2011, 16:04 COMENTAR

Uns cartóns e moito enxeño é o que fai falla para realizar un espectáculo que cative a todo o público. E xustamente é o que fixeron este grupo de persoas poñendo como tema de fondo o videoxogo Portal, e imitando o poder da súa arma.

Dende logo mantén ao espectador atento en todo o momento, tanto aos que desfrutaron deste xogo (axiña xogarei á segunda entrega), como aos que non, xa que a forma en que realizan esta “performance” é suficientemente boa e dinámica como para enganchar a calquera.

Botádelle un ollo.

Kratos non se fía da 3DS

Por: Domingo, 29 de Maio de 2011, 8:43 COMENTAR

Kratos non se fía de ninguén nin de nada, e queda demostrado neste vídeo no cal discute co mesmo Deus de Deuses sobre a grandeza da nova portábel de Nintendo.

Desculpade a pésima calidade gráfica.

A última cea

Por: Martes, 17 de Maio de 2011, 12:36 COMENTAR

Aínda non sabedes como funciona a miña mente?, pois por exemplo para min a última cea aproxímase a esta xenial imaxe.

Todos aqueles que amamos as plataformas creo que sempre tivemos unha pequena curiosidade con respecto a estos videoxogos,e non é outra que o de ver ao noso protagonista cun motor gráfico impactante.

Explícome. Estamos acostumados a ver FPS realistas, aventuras gráficas que parecen reais, pero por algún motivo os plataformas sempre acaban cun apartado técnico…diferente.

Pois en Wildgames atópome cun destos proxectos realizado por fans que de seguir adiante arranxando os erros que vemos, podería convertirse nun referente (igual me pasei un pouco), pero como mínimo, curioso é.

Así,coas ferramentas que os desenroladores deixan aos usuarios, creouse este vídeo, no que vemos a Crash moverse co motor gráfico de Crysis. Está claro que aínda ten erros, sobre todo no referente aos saltos, pero imaxinemos por un momento que algunha empresa se fixa neste vídeo e decide realizar un Jak & Daxter realista. Cómo sería?

Scorpion vs Donkey Kong

Por: Luns, 7 de Marzo de 2011, 12:17 COMENTAR

Outra de tantas mesturas entre xogos clásicos volve por aquí, e se vos pregunto quén pensades que gañaría entre Scorpion de Mortal Kombat ou Donkey Kong seguro que apostariades por Scorpion, pois…tedes razón.

É que Donkey Kong peca de bo.

Pokemon Hill

Por: Mércores, 2 de Marzo de 2011, 16:11 COMENTAR

Hoxe é un día tranquilo, sen novas relevantes, sen polémicas e absurdas declaracións… e como o día esta nuboso e con zonas de néboas creo que non está demáis presentarvos esta mutación entre os típicos Pokemon e a terríbel saga Silent Hill.

Como non, visto en: Paraíso Friki

Para os fumadores

Por: Martes, 1 de Marzo de 2011, 11:17 COMENTAR

Supoño que pouco se debe engadir a esta curiosa imaxe, pero para todos aqueles fumadores aquí deixo esta metáfora en forma de videoxogo:

E medran, e medran, e medran…

Por: Domingo, 6 de Febreiro de 2011, 18:23 COMENTAR

Soul Calibur é unha das mellores sagas de loita do panorama,pero pensastes algunha vez porque ten tantos seguidores?. Pois non é nin pola xogabilidade, nin pola diversión que producen estos xogos, só é por ver a evolución da voluptuosa Ivy.

E a que me refiro con evolución?, poi a isto:

Como será no Soul Calibur 5?, a pobre muller terá que pelexar cun arnés porque se non veremos como se defende. Aínda que por outro lado os homes íaos mansiños de todo.

Despois do salto comprovaredes no que se rematará convertindo esta espectacular saga.

Visto en Gamesajare

Ler o resto da entrada »

Perigos de xogar á PSP

Por: Venres, 4 de Febreiro de 2011, 14:41 COMENTAR

Mira que a pseudo-prensa mal informada alarmista acusou aos videoxogos de case todo. Que provocaban caries, que fomentaba a creación de asasinos, causantes do fracaso escolar,etc.

Pero esquecéronse doutro dos perigos de xogar aos videoxogos, e aquí vai o título:

Se xogas á PSP poderás ser atropelado por un tranvía

Como exemplo aquí vos deixo a este raparigo que está enganchado cousa mala a un videoxogo. E agora o Skaltumconsello:

Xogade na casa, no parque,enriba dun palleiro,debaixo da cama…onde queirades, pero sentados e desfrutando dos videoxogos,así evitamos despistes como o deste neno, que por certo, onde estarán os seus pais?

http://www.youtube.com/watch?v=ukEFBly4UKE&feature=player_embedded

Malicia de Mario

Por: Xoves, 3 de Febreiro de 2011, 15:22 COMENTAR

Exteriormente vemos aos personaxes de Mario como seres inanimados e sen personalidade, pero a verdade é que teñen o seu corazonciño e sofren o seu.

Sen ir máis lonxe ben coñecemos á bola negra que ataca a Mario, sempre atada a un tronco,sempre tentando saír, sempre escrava do seu destino.

Pois Mario non só non lle axuda, se non que xoga cos seus sentimentos.

Canta maldade hai no mundo.