Total War: Warhammer confirmado

Por: Xoves, 15 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Comezamos o día cunha gran nova: un erro confirmou o desenvolvemento do novo xogo da saga Total War.

Este xogo estará situado no universo ficticio do xa coñecido Warhammer, e suporá a entrada da saga na fantasía en lugar dunha época histórica.

Coñecemos a súa existenza grazas a un erro no envío duns libros de arte, os cales non tiñan que ser públicos ata o vindeiro 23 de Xaneiro, pero que xa están en mans dalgúns usuarios, un dos cales apurou a sacar unha captura e publicala.

Agardamos a que SEGA ou Creative Assembly den nova información nas vindeiras datas acerca deste futuro xogo da saga.