Tal e como declarou Tony Key, vicepresidente de márketing de Ubisoft, a compañía está encantada co éxito que tivo o «FarCry 3» e pronto publicarán información da seguinte entrega da saga.
“Estamos como tolos co FarCry 3. É unha gran marca e agora ten o recoñecemento que merece, así que claramente imos facer outro: máis información pronto.”
Segundo as declaracións de Key, Ubisoft está a traballar co convencemento de que hai unha gran demanda de videoxogos cun “mundo aberto”:
“Penso que o mundo aberto representa o futuro dos videoxogos e niso estamos a investir gran parte dos nosos recursos porque cremos que iso é o que os usuarios queren”
“Non queren linealidade: queren un mundo aberto. Pero entendo que sempre haberá sitio para experiencias lineais.”
Xa houbo pola rede certos rumores que dicían que a nova entrega chegaría durante o primeiro trimestre de 2014.