Halgo non está ben…

Por: Domingo, 7 de Xullo de 2013, 15:14 COMENTAR

Tom Raider e amigos

O Tom Raider supoño que irá sobre un saqueador de nome Tom. O Saint Sena debe narrar a historia do santo que deu nome ao río parisiense. O Dynasti Tactics, en troca, é un nome moi acaído. En lugar de entrar na discusión sobre se o correcto é Dynasty ou Dinasty, decide non tomar partido por ningunha das partes e escribir Dynasti.

Fonte | Foto propia tirada nunha famosa tenda compostelá pertencente a unha cadea de compra e venda de artigos de segunda man da cal non vou dicir o nome porque non nos pagan pero que podedes ver na imaxe porque non me lembrei de pixelalo ou ocultalo dalgún xeito

Peach Raider

Por: Luns, 11 de Xullo de 2011, 11:39 COMENTAR

Por fin chegou, despois de que Crystal Dynamics amosase unha serie de imaxes da súa nova entrega de Lara Croft agora chega o primeiro tráiler. E a verdade, a sensación que daban as imaxes no vídeo está multiplicado por mil, é dicir, angustia, medo, supervivencia, fraxilidade, inexperiencia… e aínda que o vídeo sexa un CGI, a min deixoume verdadeiramente satisfeito, xa que a espectacularidade predomina ante todo.

Como veredes, Lara Croft deixará a un lado as aventuras brancas e lixeiras para incrementar a dureza nas situacións, e para aseguralo teremos que esperar até outubro de 2012, ou polo menos esta é a fecha polo de agora.

Ou iso polo menos é como nos queren vender este novo título da erótica Lara Croft,aínda que antes de mencionar isto xa conseguira captar a atención de grande cantidade de xogadores, porque aínda que Tomb Raider tivese grandes “fiascos” ao longo da súa carreira, todos os que xogamos aos primeiros videoxogos gardamos bos recordos desta arqueóloga.

E por qué falo disto se xa fai tempo que saíu á luz esta nova?, pois porque sacaron unha imaxe que está recorrendo toda a rede á velocidade da luz, na que verdadeiramente amosa a unha Lara Croft ferida de verdade, cunha apariencia máis propia de John McClane que dun personaxe de videoxogo.

Entón será verdade que este reboot da franquicia será un título moito máis adulto e serio?, aparentemente así é, e qué queredes que vos diga?, eu estou desexando ver como remata este proxecto, porque cada vez ten mellor pinta.

Novas imaxes de Lara Croft

Por: Venres, 31 de Decembro de 2010, 17:52 COMENTAR

Xa fai un tempo que sabemos que Lara Croft quere resetear á saga cun título que implicará algún que outro cambio. O primeiro deles e o máis salientábel é que lle dará moita importancia á supervivencia da protagonista, e sexamos honestos, todo anuncio de videoxogo que leve a palabra supervivencia inmerso mola (erróneamente recórdame ás primeiras declaracións de Konami para describir a súa gran xoia Metal Gear Solid 3).
Ademais, ou polo que podemos ver nas imaxes, o xogo será bastante máis escuro que todos os seus antecesores e contará cunha Lara máis “realista”.
Personalmente o apartado técnico gústame moito, e se conseguen manter unha xogabilidade boa e unhas plataformas decentes poderemos estar ante un título moi a ter en conta, pero como nunca me canso de repetir, non se pode comer polos ollos, esperemos a ter a comida no prato, e probémola, a ver que tal.
Por certo, GameInformer é a revista encargada de emitir estas imaxes. Se queredes ver a galería completa abonda con entrar no enlace.