rainbow-six-patriots
O directivo de Ubisoft, Laurent Detoc, admitíu que o anunciado shooter Rainbow Six: Patriots non funcionaba e terá que ser feito de novo.

“Nós tiñamos o equipo. Eles tiñan unha boa idea. Comezaron a traballar e entón o xogo non estaba a funcionar. Así que tiveron que comezar de novo.”

“Hai un grupo editorial en Ubisoft, un gran grupo, con moitas influencias. Se o xogo non é suficientemente bo, din que non é suficientemente bo. A maior parte do tempo, o equipo dirá: «Si, sabémolo.» Pero outras veces, queren que sigas nunha dirección na que dis: «Non, non vai funcionar.»

“É un deses exemplos no que o intentas e, se non funciona, volves a intentalo. Se segue sen funcionar, non volo imos entregar así.”

Este videoxogo do estudo Ubisoft Montreal foi anunciado en 2011 e despois demorado a 2013, antes de demoralo para o lanzamento nas consolas de nova xeración. Este shooter táctico terá unha historia que capturará a realidade do terrorismo moderno.

Polo de agora, nada se sabe dunha posible data de lanzamento.

snowdrop-engine-the-division
“Un verdadeiro motor gráfico de nova xeración”. Así nos presenta Ubisoft o seu novo motor gráfico «Snowdrop Engine» neste vídeo ambientado no xogo «The Division».

Para demostrar o nivel gráfico que poden conseguir con este novo motor, amósannos, entre outras cousas, como afecta a hora do día e os efectos climáticos aos cambios de iluminación e como reacciona o entorno á destrución que causemos nel.

O lanzamento de «The Division» está previsto para a segunda metade do ano 2014 para PlayStation 4 e Xbox One, mais dende a compañía non descartaron o seu lanzamento para PC, debido ás peticións da comunidade de xogadores.

snowdrop-engine-the-division
Con este breve vídeo, Ubisoft anuncia a presentación o vindeiro luns, 9 de decembro, do seu novo motor gráfico Snowdrop Engine que empregarán no Tom Clancy’s: The Division.

O lanzamento de “The Division” está previsto para a segunda metade do ano 2014.

Falece Tom Clancy aos 66 anos

Por: Xoves, 3 de Outubro de 2013, 10:00 1 COMENTARIO

tom-clancy
O prolífico novelista de temática militar e espionaxe Tom Clancy faleceu a noite do pasado martes en Baltimore.

Ademáis das coñecidas adaptacións cinematográficas das súas novelas, como “The Hunt for Red October” ou “Patriot Games”, tamén foi coñecido no mundo dos videoxogos dende que en 1996 fundou Red Storm Entertainment, que lanzou o Rainbow Six.

Dado o éxito da saga Rainbow Six, Ubisoft adquiríu o estudo e expandíu a marca Tom Clancy creando as novas franquías Ghost Recon e Splinter Cell e máis recentemente con títulos como o H.A.W.X. e EndWar.

En decembro chegará ás salas cinematográficas Shadow One, dirixida polo coñecido Kenneth Branagh, mentres que no tocante aos videoxogos, Ubisoft lanzará o agardado The Division en 2014.

«Games with Gold» de setembro

Por: Venres, 30 de Agosto de 2013, 23:00 COMENTAR

games-with-gold
Dende que o pasado xuño, o anunciara na súa conferencia no E3, Microsoft está agasallando con dous xogos ao mes aos membros Gold de Xbox Live. Nos meses anteriores puxeron de balde títulos como o «Assassin’s Creed II», «Dead Rising 2» ou «Crackdown».

Durante a primeira quincena do setembro, os que teñades unha subscrición Gold, poderedes descargar de balde o «Magic 2013», adaptación do coñecido xogo de cartas. Para a segunda quincena, teredes dispoñible o shooter «Tom Clany’s Rainbow Six Vegas».

Esta promoción durará ata o vindeiro decembro.

the-division
Despois de chamar a atención na súa presentación no pasado E3, foron moitos os usuarios que comentaron na rede que botaban en falta unha versión para PC. De feito, creouse unha petición na plataforma change.org, que xa leva máis de 112.000 sinaturas.

Fai pouco nunha entrevista, un portavoz de Ubisoft comentaba:

“Temos previsto o lanzamento para o inverno de 2014 para PS4 e Xbox One, pero non estamos descartando outras plataformas, porque nós tamén lemos en Internet.”

“Penso en Ubisoft como unha compañía que considera como maximizar o potencial dun xogo, por iso, se o público está aí e o desexo está aí…”