O certo é que xa fai tempo que non comento nada sobre a próxima tolería en forma de videoxogo que vai chegar dende o País Nacente, e isto non pode ser, polo tanto déixovos con tan só 30 segundiños de Asura´s Wrath que abondan de sobra para saber que vai ser algo grande, algo friki, algo que entrará de forma inevitábel en todos os amantes dos xogos de acción sen descanso.

Tan tolo é o video como penso que será o xogo, e podemos observar como un xigantesco dedo penetra na Terra para caer sobre o noso protagonista.

Como xa dixen, algo grande, algo friki, algo…

“Serious Sam 3” para novembro

Por: Luns, 3 de Outubro de 2011, 12:23 COMENTAR

Hai sagas tolas e sagas serias, e se temos que mencionar algunhas sagas tolas, sen dúbida ente elas aparecería o nome de Serious Sam, e non me neguedes isto.

Pois a terceira entrega está a puntiño, a puntiño de volver a enganchar aos seus seguidores, mais os seus creadores botaron unha ollada a este mes, e coa inminente saída de Battlefield 3 e MW3, pensaron… “vai ser mellor que esperemos un chisco para sacar o noso xogo”.

Concretamente as palabras foron as seguintes:

Decidimos que o xogo necesita un mes extra de desenvolvemento. Daremos máis detalles, pero de momento pensamos que un mes máis de retoques e pulido é o que Serious Sam 3 merece, se realmente amamos e queremos que sexa un gran xogo.

Polo tanto, teremos que esperar ao 22 de novembro para probar esta terceira tolería de Sam. A ver se é tan bo xogo como dín…

Eu cada vez estou máis abraiado con este xogo, porque non sei como será o resultado final pero o que ninguén pode negar é que os vídeos que están a sacar sorprenden a todo o mundo.

Pechaduras en forma de cabezas vivente, expendedoras de licores polos escenarios, bechos abismais pululando como se nada…

Polo menos rompe con todo o visto e recrea un plantexamento máis propio dun psiquiátrico que dun shooter común, e non sabedes como me gusta este feito.