Kojima asegura que a IA de MGS5 será impredecíbel

Por: Martes, 17 de Setembro de 2013, 14:44 COMENTAR

Metal-Gear-Solid-5-caballo

O pai da saga Metal Gear Solid, Hideo Kojima, asegurou que habería unha demostración desta esperada quinta entrega no Tokyo Game Show, aínda que afirmou que será difícil seguir un guión nesa Demo, xa que a Intelixencia Artificial do título é totalmente impredecíbel.

Se ides ver a demostración no evento, quizais teña que parar polos erros. O comportamento do inimigo é diferente cada vez, e non podo facer nada, porque non podo predicilo.

Se me atopan mentres xogo, quizais non sexa posíbeñ que remate a presentación como tiñamos pensado.

Persoalmente paréceme unha estratexia máis de Hideo para manternos atentos a esta presentación, algo que non me explico, porque só co nome xa emociona a todos os seus fans.

En fin, miremos a ver que Kojima mete a zoca na presentación.

Gamescom, conferencias e horarios

Por: Sábado, 27 de Xullo de 2013, 13:00 COMENTAR

gamescom-2013
Dentro de pouco máis dun mes, entre o 21 e 25 de agosto, terá lugar en Colonia (Alemaña) a exposición Gamescom e pouco a pouco vanse coñecendo as compañías que darán as conferencias previas e os horarios das mesmas.

  • Electronic Arts: martes, 20 de agosto, ás 16:00 h.
  • Sony: martes, 20 de agosto, ás 19:00 h.
  • Microsoft: martes, 20 de agosto, hora sen confirmar.

Por outra banda, tamén destacan as anunciadas ausencias de compañías que non acudirán á cita xermana, como Ubisoft ou Capcom. Ésta última agárdase que si acuda á Tokyo Game Show, que comeza o 19 de setembro.

Máis información na páxina oficial do evento.

Desde onte hai un vídeo que leva dando moito que falar nos foros dedicados aos videoxogos. Aparentemente existe un teaser tráiler sobre a sexta entrega da famosa saga de zombies Resident Evil.

Uns din que está feito por seareiros (eu tamén o creo), outros afirman que foi confirmado por Capcom como teaser real, algúns xornalistas falan que o xogo non se viu en ningún estante da feira do Tokyo Game Show…

En fin, toda unha serie de comentarios que non nos aclaran nada, mais eu son dos que penso que este vídeo que vos mostro non pode ser creado pola Capcom. Fáltalle calidade, ou isto é a miña opinión.

Como sempre, a vosa opinión é a que conta.

A terceira grande feira sobre videoxogos comezará dentro de moi pouco. Un mes falta para que o Tokyo Game Show abra as portas un ano máis, e como sempre algunhas compañías sacan á luz os títulos que van mostrar alí.

A primeira en reaccionar foi a Konami, que publicou unha listaxe dos videoxogos que estarán no Tokyo Game Show en versión xogábel ou non.

Continuade a ler para ver estes títulos.

Ler o resto da entrada »