witcher3
A compañía Namco Bandai será a encargada da distribución no continente europeo do novo RPG «The Witcher 3: Wild Hunt», segundo confirmou a propia compañía.

Adam Badowski, do estudo CD Projekt RED, comentou:

“Xa traballamos con Namco Bandai anteriormente, polo que os nosos socios xa coñecen The Witcher e os ideais que temos como estudio.”

“Estamos convencidos de que entenden a nosa visión do xogo e que farán un gran traballo para que os usuarios coñezan como o mundo aberto e a gran historia do xogo farán cambiar o panorama dos RPG na vindeira xeración.”

«The Witcher 3: Wild Hunt» foi anunciado o pasado febreiro e empregarán o novo motor gráfico do estudo, o RedEngine 3. Estará dispoñible para PC, PlayStation 4 e Xbox One. Segundo o propio estudo, o mundo de The Witcher 3 será trinta veces máis grande que o do seu predecesor.