Aqueles xogadores que decidan obter o novo xogo de Croteam dun modo ilegal terán unha trampa nel para que non poidan desfrutar del.
A nova deuse a coñecer cando o equipo de desenvolvemento bromeou acerca da trampa no foro oficial de Steam do xogo. O estudo croata xa fixera algo parecido no Serious Sam 3, no cal cando o xogo non era orixinal, aparecía un alacrán xigante inmortal que perseguía o xogador ata matalo. No caso do Talos Principle, a trampa é un elevador no cal o xogador queda atrapado e non pode saír.