The Order 1886 xa superou a fase Beta

Por: Luns, 19 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

the_order_1886_14008882434694

O estudo de desenvolvemento Ready at Dawn, o encargado do videoxogo The Order 1886, anunciou que dito xogo superara xa a fase Beta de desenvolvemento, polo cal o desenvolvemento puramente dito xa rematou. Deste modo, agora queda o testeo e a promoción do xogo antes da súa saida ó público.

O xogo, un dos máis agardados para PS4, sairá o vindeiro 20 de Febreiro.

10 títulos aos que xogar este 2015

Por: Mércores, 7 de Xaneiro de 2015, 12:17 5 COMENTARIOS

Todos os anos por esta data miro o calendario de lanzamentos e decido cales serán os xogos de precio elevado, deixando en certa medida Steam a un lado, nos que gastarei os meus cartos, está claro que non vai haber nin tempo nin cartos para todos os que quixera así que aquí están os meus 10 do 2015.

 

The order: 1886

Comezamos esta recopilación 100% persoal do máis agardado para este 2015 que acaba de comezar falando de un dos dous xogos exclusivos que chegaran a PS4 este ano, en concreto este chegará o 20 de febreiro. The Order: 1886 é unha aventura de acción con ambientación steampunk onde as criaturas e monstruos están á orde do día. Un apartado gráfico á altura da nova xeración e o Londres da época victoriana sumado ao esforzo de Sony porque este sexa un dos xogos do ano entrante non parecen poucos alicientes para darlle canto menos unha oportunidade a esta obra.

 

The Legend of Zelda Wii U

Co nome aínda por confirmar The Legend of Zelda para Wii U será, cando saia, o primeiro achegamento de Link como parte de The Legend of Zelda para Wii U, xa que como sabedes este xa apareceu en Hyrule Warriors. Pouco se sabe de este xogo máis aló do que puidemos ver en trailers, sabemos que saerá este ano, que será compatible cos Amiibo e que conta cun coidado no detalle nunca antes visto por parte de Nintendo, esta será sen ningunha dúbida unha das grandes apostas da gran N, se non a máis importante. O digno sucesor das aventuras de Zelda para Wii U que todos agardamos.

 

Halo 5: Guardians

O segundo xogo da Saga do Reclamador e o décimo primeiro da franquicia chegará en outono para facer as delicias dos fieis seguidores de Microsoft que de seguro levan agardando por el dende a saída da Halo The Master Chief Collection. Nesta nova entrega descubriremos a Agent Locke, un novo protagonista que será acompañado por Arbiter de Halo 2, xuntos terán que darlle sentido á desaparición de Master Chief sendo Locke a persoa asignada coa tarefa de atopalo. Unha nova etapa da saga Halo exclusiva para Xbox One e case un obligado para calquer usuario desta plataforma.

 

Uncharted 4: A thief’s end

Si, pode que o teaser que tivemos a oportunidade de ver non fora todo o realista respecto ao resultado final do xogo que veremos en PS4, pero se por iso alguén ten dúbidas de que Naughty Dog, creadores de toda a saga Uncharted e The Last of Us, non vai estar a altura nesta despedida da saga é que aínda acaba de chegar ou non sabe moi ben como funciona a escena dos videoxogos actuais. E se ás enormes espectativas que temos lle sumamos o potencial que suma esta nova xeración, da que sabemos por The Last of Us Remastered que controlan bastante ben, non podemos senón pensar nun posible goty dende xa.

 

The Witcher 3: The wild hunt

Un dos xogos que puiden ver na pasada Gamergy, e digo ver porque tan só nos puxeron un gameplay, é esta terceira entrega de The Witcher que chega cargada de novidades. Este punto final as aventuras de Geralt of Rivia será a maior de todas as aventuras, grandes áreas abertas, nada de historia lineal, combates en tempo real e un impacto tanxible das nosas decisións no transcurso do xogo. Se sodes seguidores da saga saberedes de sobra que non son poucos cambios, se nunca escoitastedes falar dela tan só botádelle un ollo e deixadevos namorar por un dos videoxogos con mellor apariencia deste 2015.

 

Batman: Arkham Knight

De novo outra serie que non pode senón mellorar coa chegada da nova xeración. Batman Arkham Knight, obra de Rocksteady como toda a serie, será máis do mesmo que tanto gustou ata agora mellorando en todos os aspectos posibles, comezando por Gotham, que será máis amplo e datallado, e seguindo pola inclusión do sempre desexado Batmobile. Máis acción coa fluidez coa que esta saga nos ten acostumados ata o momento e sumando o amplo abanico de posibilidades que o Batmobile nos dará en batalla fai deste un xogo a desexar na nosa estantería este ano.

 

No man’s sky

Se tivera que destacar un sobre o resto nesta lista chea de secuelas e segundas partes é sen dúbida No man’s sky, en primeiro lugar por non ser nada do anteriormente citado e aínda así ser capaz de captar a nosa antención dende o pasado E3. E segundo porque é complicado imaxinar un xogo onde a transición entre estar explorando en primeira persoa ou disparando no espacio sexa tan natural que custe decatarse dela. Un universo enorme onde poder atoparse con outros xugadores, explorar e descubrir novos planetas e incluso poder nomealos. Tan grande vai ser o universo que dende Hello Games aseguran que vai ser imposible exploralo todo, xusto as palabras máxicas para querer pasar horas e días ata conseguilo.

 

Bloodborne

Bloodborne é outro exclusivo para PS4 dos creadores de Demon’s Souls. Ao igual que pasa con The Order: 1886 nesta aventura viaxaremos ao oscuro Londres da época victoriana onde, como pasaba na saga Souls, atoparemos un mapa que explorar, un online con toques que o fan distinto a maioría e uns enfrentamentos a vida ou morte que será onde se vexa o gran cambio deste xogo respecto aos predecesores. Bloodborne orientase a un enfrentamento máis ofensivo obligándonos a usar as novas armas e movementos. Unha sempre interesante volta a coñecida saga Souls.

 

Metal Gear Solid V: The Phantom Pain

Era inevitable que Hideo Kojima estivera nesta lista e, pese a que nos tentara despistar con ese teaser xogable de Silent Hills, obra que dirixe xunto con Guillermo del Toro, chamado P.T., estaba claro que a obra que chamaría a nosa atención sería esta quinta entrega de Metar Gear Solid. Pensar nun xogo de acción e infiltración sumado a Kojima Productions debe ser suficiente para que a maioría saiba que canto menos quere probar o que saia de aí pero se por riba vos digo que é o primeiro achegamento de este formato ao mundo aberto, algo que pretende renovar as bases da espionaxe en videoxogos, a espera vaise facer aínda máis longa.

 

Final Fantasy XV

Quizás o menos esperado para min por un simple motivo, nunca fun un fan de Final Fanatasy, pero ao mesmo tempo esto é o que fai que teña máis ganas que nunca de darlle unha oportunidade a este renacer desta serie de xogos. Esta nova entrega é un punto e a parte con novos deseños, mundo aberto, centrado nunha viaxe por estrada e con combates estilo Kingdom Hearts. Sen dúbida o momento de volver a darlle unha oportunidade.

Dead Island 2, Xenoblade Chronicles X, Star Citizen ou The Division, seguro que hai moitos que ti vas xogar este ano e que non mencionei, deixanos a túa lista de 10 xogos nos comentarios ou en calquera das nosas redes sociais e contribúe a esta lista.

The Order 1886 mostra un novo gameplay

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 11:00 COMENTAR

Os xogadores de PS4 están de noraboa, fai uns poucos días mostrouse un novo gameplay dun dos xogos máis esperados por eles do vindeiro 2015: The Order 1886.

Como podedes comprobar no seguinte vídeo, o aspecto visual non deixará a ninguén indiferente de seguro.

the-order-1886
Ru Weerasuriya, xefe do estudo Ready at Dawn confirmou nunha entrevista que o título exclusivo para PlayStation 4, «The Order 1886» será só para un xogador e non incluirá modo multixogador.

«The Order: 1886» é un xogo de acción en terceira persoa para un xogador.”

Nesa entrevista, Weerasuriya tampouco descartou a posibilidade dunha versión para PlayStation 3, mais non confirmou nada:

“Agora mesmo, traballamos exclusivamente na versión para PlayStation 4. Os xogos sempre son deseñados ser multiplataforma, pero claramente, se existe a posibilidade de levar o sistema de físicas a outras plataformas, usaríamolo.

Ao pouco tempo de publicarse a entrevista, Andrea Pessino, cofundador do estudo, confirmábao en Twitter, respondéndolle a un usuario desgustado co anuncio:

O lanzamento está previsto para o último trimestre de 2014.

Novos detalles de «The Order: 1886»

Por: Mércores, 26 de Xuño de 2013, 12:00 COMENTAR

the-order-1886
O pasado E3 presentouse este novo título que misturará o Londres da época victoriana con tecnoloxías modernas e seres mitolóxicos.

Nunha entrevista, Ru Weerasuriya, co-fundador de Ready at Down comentou que se trata dun xogo de acción e aventura en terceira persoa. Tamén o definíu como un xogo con historia lineal, o que chamamos “experiencia cinematográfica”.

Sobre a localización do xogo en Londres, comentou:

“Ten unha historia moi interesante, sobre todo a finais do século 19, durante a Revolución Industrial.”
“Hai, obviamente, algunhas cousas que imos poñer alí que non existen, e cambiamos algúnhas localizacións un pouco, pero… vai estarás a interactuar con persoas reais, eventos reais e lugares reais.”

Por outra banda, pouco comentou sobre o que os xogadores van atopar no xogo: “en cada momento, o xogo non é realmente o que poderías agardar. Non queremos facelo dun ton único, onde depende dunha soa cousa en detrimento do resto.”

Ready At Dawn é un estudo ben coñecido polas entregas do God of War: Chains of Olympus e Ghost of Sparta para PSP.