No pasado Game Awards, Nintendo anunciou que o novo videoxogo da saga The Legend of Zelda para a súa consola de sobremesa sairía a finais do 2015. Pero agora Nintendo vén de publicar nas súas redes sociais un video de Eiji Anouma, produtor de The Legend of Zelda para a Wii U, en que explica que xa non é unha prioridade que o xogo saia no 2015, a súa prioridade agora é rematar un bo xogo, polo que é probábel que saia no 2016.

Anouma explica que están a facer un xogo cunha liberdade de exploración sen precedentes nun xogo da saga, o que fai que pensen en novas posibilidades que non tiñan contempladas desde un comezo. O produtor cre que o xogo ten un potencial enorme que mesmo excede as súas propias expectativas e queren facelo o mellor posíbel, polo que a data de lanzamento xa non é unha prioridade. A nova prioridade é facer un xogo completo.

Aos fans da saga seguro que non llesimporta demasiado o atraso e son quen de agardar polo xogo, se é para que estea ben rematado con todo o que Eiji Anouma promete.

zelda-windwaker-hd-wii-u
Para os que vos parece que os xogos de Legend of Zelda son demasiado sinxelos, neste novo tráiler preséntannos o novo “Modo heroe” que elevará a dificultade do xogo, pois recibiremos o dobre de dano cos golpes dos inimigos e non atoparemos corazóns de saúde polo mapa adiante.

Polo que parece, este vídeo filtrouse na rede e aa compañía Nintendo xa conseguíu que o borraran de diversos servidores. Agora mesmo pódese ver na web Daily Motion, pero igual non por moito tempo…

Segundo certa páxina web, haberá un pack da videoconsola Wii U que incluirá este novo videoxogo, por 349.99 dólares. Polo de agora, dende Nintendo non se pronunciaron ao respecto para confirmar ou desmentir esta información.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 4 de outubro.

No día de onte celebrouse o Nintendo 3DS Direct e aínda que se anunciaron varios títulos, sen dúbida o máis salientábel foi a presentación da segunda entrega do xenial xogo The Legend of Zelda: A Link to the Past.

Esta será unha aventura completamente nova, unha secuela con novos puzzles, novos escenarios e novas posibilidades xogábeis, entre as que destaca a posibilidade de fusionarse coas paredes para acceder a novas zonas, algo que sen dúbida traerá unha alegría a todos.

O título traerá uns gráficos coloridos e en 3D para explotar a potencia da consola, aínda que non é algo que busquemos todos os fans da saga, sabémolo todos.

Este novo The Legend of Zelda non chegará ás tendas até finais deste ano en formato físico e dixital. Agardemos.

Despois de ver o éxito do The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D, non me sorprende que os seus creadores mencionen o seguinte:

“Se os fans pedisen con tanto fervor un remake do Majora’s Mask, igual que fixeron co Ocarina of Time, estariamos dispostos a facelo”

Pois vaia novidade, estamos sempre igual, se unha desenvolvedora sabe de antemán que o xogo vai vender moitísimo, como se van negar a realizalo? Mais obviedades e marketing fóra, podería ser outro bombazo para a portábel de Nintendo.

Recordemos que o Majora’s Mask foi unha continuación do Ocarina of Time para a Nintendo 64, e aínda que non tivo tanto apoio polos fans, resultou ser un xogo moi divertido e entretido.

E non sería mellor que sacasen un novo xogo da man seguindo co estilo destas dúas xoias?

The Legend of Zelda – Overworld

Por: Martes, 22 de Febreiro de 2011, 1:44 COMENTAR

Este ano cúmprense 25 anos da creación dunha lenda que perdurará na mente de moitas persoas para toda a vida. Este ano cúmprense vintecinco anos de The Legend of Zelda.

Non me vou parar en dicir obviedades como que é unha das mellores sagas xamáis creadas, pero de qué maneira podo homenaxear a The Legend of Zelda sen caer en palabras baleiras?,pois esquecéndome das palabras e afinando o tímpano.

Deste xeito déixovos a melodía que nunca esqueceremos, a melodía que nos fai vibrar o corazón cada vez que soa, a melodía orixinal de The Legend of Zelda.