Había dúbidas se esta recopilación de títulos da saga Metal Gear Solid chegaría á Europa, mais Konami acaba de confirmar que si, que MGS: The Legacy Collection chegará a todas as tendas europeas.

Para aqueles que non saibades o contido deste pack aquí vos vai:

Metal Gear Solid, Metal Gear Solid 2: HD Edition, Metal Gear Solid 3: HD Edition -que inclúe os títulos orixinais de MSX Metal Gear e Metal Gear 2-, Metal Gear Solid: Peace Walker HD Edition, Metal Gear Solid: Special Missions e Metal Gear Solid 4: Trophy Edition.

A parte disto, tamén se engaden dúas novelas gráficas ilustradas polo artista Ashley Wood que nunca viron a luz no territorio europeo.

O día concreto aínda se descoñece, mais si que sabemos que será o próximo mes de setembro cando MGS: The Legacy Collection aterrará en PS3.