O 11 de novembro foi o día elexido para que a quinta entrega de The Elder Scrolls chegara ás consolas de sobremesa e mais a PC, pois ben, a todos os que pensedes xogalo nun PC vaivos vir moi ben os datos que vos amoso a continuación, porque son os requisitos mínimos e recomendados para desfrutar desta aventura de rol.

Non fai falla dicir que os requisitos mínimos son precisamente iso, os mínimos, polo que se queredes desfrutar da experiencia plena deberedes ter un ordenador algo máis potente.

Ler o resto da entrada »

O primeiro The Elder Scrolls para esta xeración non foi que me entusiasmara moito, máis que nada porque a súa xogabilidade facíame perder os nervios, sobre todo no tema dos combates. E despois de mirar algún que outro gameplay desta quinta parte, moito me temo que correrá a mesma sorte.

Sei que engadiron algunha mellora como a posibilidade de usar maxia e arma ao mesmo tempo (teño esperanza de que sexa suficiente para que non me defraude). E a ambientación, con dragóns incluídos, é impresionante. Mais teimo no mesmo, xogabilidade, xogabilidade, xogabilidade.

De todos os xeito podedes ollar como serán algúns dos combates deste xogo de rol de acción.