Os videoxogos SON cultura

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 13:25 2 COMENTARIOS

GTA V Foto

Son dos que considera que antes de lanzarse a dicir nada o primeiro que hai que facer é pensar e reflexionar sobre aquelo que imos dicir en voz alta, pode que iso fose o que lle fallou a Forges o 10 de setembro do ano pasado cando publicaba esta viñeta xa coñecida por todos, aínda que a xulgar polas declaración que lle puiden escoitar días máis tarde en ‘Fallo de sistema’, un programa de Radio 3 moi recomendable sobre videoxogos, ciencia ficción, etc, parece que simplemente escribir nun xornal ou ter unha opinión non significa que esta teña que ser a correcta. Deixando a Forges a parte, que xa bastante tivo co que tivo no seu momento, e centrándonos un pouco máis no tema deste artigo, son os videoxogos cultura? e porque?

 

Comecemos polo máis obvio, responden os videoxogos á definición de cultura que podemos atopar no diccionario, segundo a RAG teríamos dous significados para a palabra cultura.

 

1. “Conxunto de coñecementos xerais que posúe unha persoa, adquiridos mediante a instrución ou a experiencia.”

2. “Conxunto de coñecementos, crenzas e costumes que caracterizan as sociedades humanas organizadas, particularmente as máis avanzadas.”

 

O primeiro moito máis persoal, pero aínda así a considerar, xa que unha sociedade non deixa de estar definida pola súa cultura, e esta polo conxunto de culturas persoais de cada un de nós, que pese a poder ser diferentes nos detalles son moi similares a grandes rasgos. Son os videoxogos parte destos coñecementos, crenzas e costumes que nos caracterizan? Podo dicir sen medo que si, que na nosa sociedade todo o mundo coñece a Mario Bros, o Tetris, os Pokemos e incluso se me apurades ata coñecen o GTA e o Call of Duty como os referentes culturais e de diversas xeracións que son merecidamente. É complicado pensar na nosa sociedade sen a parte de consumidores de videoxogos, sen as constantes referencias que se fan a estos na nosa vida cotiá, cando se encaixan ben as cousas como se foramos un maestros do Tetris, por poñer un exemplo. Así que si, se atendemos a definición os videoxogos son cultura, son parte da nosa cultura.

 

Fez PS4

Pero evidentemente unha definición non deixa de ser iso, e máis se temos en conta as últimas inclusión da RAE que nos deixaron a máis de un coa boca aberta. Quizás para entender porque os videoxogos son cultura temos que comezar a pensar neles como na suma de múltiples factores que de por si son cultura dende fai moito tempo, pois pese a que detrás de un videoxogo hai moitas cousas, hai tres que podemos destacar e das que ninguén negará que son cultura. Estes tres aspectos son a música, a imaxe/deseño e a historia. Un libro é cultura, unha canción é cultura, e unha pintura é cultura, porque unha obra na que se misturan unha historia cun deseño e unha banda sonora deixa de ser cultura? Son a suma de estos factores as que nos fan ser protagonistas de esta historia, tomar as decisións e avanzar a través dela dunha forma ultra-inmersiva, dunha forma similar a como ocorre no cine, outra forma cultural, pero podendo tomar nós as decisións. Como todo isto non vai ser cultura?

 

Pode que os videoxogos non sexan unha forma cultural centenaria como o poden ser a pintura ou os libros, pode que non todas as sociedades teñan unha cultura do videoxogo como si a teñen do baile e da música, e pode que non todos os videoxogos sexan obras maestras que deban ser parte da nosa memoria para sempre, e é o normal, estamos acostumados a que a cultura se ensine nas escolas pero non sempre vai ser así, os videoxogos son cultura,  saber que é o Tetris, Atari ou quen é Shigueru Miyamoto é parte da cultura xeral da nosa sociedade, xogues ou non a videoxogos, debes saber quen son.

102 pezas en 19,68 segundos, o que son 5,1 pezas/segundo. O vídeo parece estar a cámara rápida, pero non, é a tempo real. Tal e como vedes no vídeo, un xogador de nome Keroco acabou de conseguir o novo récord domundo na modalidade Line Race, que consiste en limpar 40 liñas o más rápido posíbel.

Vía | Microsiervos

Gravata Tetris

Por: Xoves, 4 de Xullo de 2013, 9:00 COMENTAR

gravata-tetris

Elegancia en estado puro.

Vía | Imgur.com

Debuxa co Tetris!

Por: Martes, 11 de Xuño de 2013, 15:49 COMENTAR

Rotando, colocando e perdendo unha secuencia de pezas predeterminada, o Algoritmo de Impresión do Tetris aproveita a mecánica do Tetris para xerar imaxes de mapa de bits arbitrarias.

Nota: Algunhas imaxes, como a de Mrs. Pac-Man, poden parecer falsas porque ten pezas que están a flutuar. A explicación está nun comentario do vídeo «Ten a ver con como este Tetris traballa coas pezas que caen. Repara en que os cadradiños da boca están na mesma liña que a parte de riba da cabeza do fantasma. Entón, cando as liñas de baixo son destruídas, cae, as pezas azuis tocan as outras pezas azuis, e a liña enteira detense e non cae máis abaixo. Por sorte, ten sentido.»

Vía | Geeks are Sexy

Libera a túa mente

Por: Domingo, 12 de Maio de 2013, 9:00 COMENTAR

freeyourmind

Vía | TeeCraze.com

tetris
Un estudo feito na Universidade McGill en Canadá, os doutores atoparon un interesante tratamento para a ambliopía (máis coñecida como “ollo vago”): xogar ao Tetris.

Segundo as probas feitas en 18 adultos, observouse que o xogo resulta máis efectivo como tratamento desta enfermidade, fronte ao empregado normalmente que consiste en tapar o “ollo bo”, para forzar ao “vago” a traballar máis.

Despois destes resultados positivos, agora queren facer as probas con 50 rapaces, para comprobar que se obteñen os mesmos resultados nesa franxa de idade.

videoxogos.vida.real

Os xogos de agora xa non dan leccións tan profundas como os de antes…

Vía | Geeks are Sexy

Game Boy e Tetris

Por: Xoves, 28 de Febreiro de 2013, 12:26 COMENTAR

game boy gif

Todos os que tivemos unha Game Boy tivemos este xogo, viciamos a este xogo e viciaremos a este xogo

Fonte | Raffaroffa

Colgante “Old School Tetris”

Por: Martes, 12 de Febreiro de 2013, 16:18 COMENTAR

Un colgante da vella escola que podedes adquirir a 15$

Vía | It8Bit
Comprar | Etsy

Colgantes retro

Por: Luns, 21 de Xaneiro de 2013, 18:48 COMENTAR

Se sodes dos que vos gustan os colgantes hoxe tráivos unha boa serie deles, dende o que emula a unha Game Boy até as fichas de Tetris. Unha boa forma de amosar o voso gusto retro.

Comprar | Etsy

Estómago Tetris

Por: Martes, 15 de Xaneiro de 2013, 17:43 1 COMENTARIO

Agora todo ten sentido

Fonte | aaronwhitaker
Vía | Insanelygaming

Tetris no Mundo Real

Por: Martes, 15 de Xaneiro de 2013, 16:11 COMENTAR

Neno! Deixa de cargar cadrados no guindastre e bótame un pau, ho!

Autor | Sergey Akinfiev
Vía | Geeks are Sexy