2750504-4737371621-SamHi

Xa en decembro puidemos ver as primeiras informacións deste título de Supermassive Games, unha desenroladora independente que está a crecer baixo o amparo de SONY e que ata o de agora non lle vemos ningún AAA coma o que están a propor.

Con xogos como LittleBigPlanet para PSVita ou Resistance HD ás súas costas, adentaranse nun survival horror moi televisivo no que se presenta a típica historia que vemos en películas como The Cabin in the Woods, Venres 13 ou A Matanza de Texas e outras tantas, grupiño de adolescentes chegan a un lugar e vense sorprendidos por un psicópata con moito atrezzo que os vai cazando. Imos ver que tal funciona isto nun xogo.

Recomendábel a pantalla completa e un volume adecuados 😉

Houbo momentos no que destes un chouto na cadeira, recoñecédeo. A nivel gráfico vai camino do 10, e ese modelo de Hayden Panettiere, a animadora da serie heroes, non deixa lugar á imaxinación. Non pinta mal a verdade este xogo e a min persoalmente atráeme a idea. Creo que este tipo de historias, aínda que terán quen as critique pola súa pouca calidade poden dar moito xogo como o deron nas pantallas dos cines. Penso o mesmo do multixogador 5vs1 de Last Year, unha proposta orientada mais de cara a diversión con amigos e a moita rexogabilidade.

Non deixaron pasar o San Valentín sen lembrarnos que non van deixar de lado as relacións entre os personaxes do xogo e que non todo consistirá en correr e agocharse senón que parece que haberá unha fase previa para coñecer ós protagonistas e forxar relacións.

Quedamos a espera da súa saída en PS4 o longo desde ano 2015.

Páxina oficial

Mario Terror

Por: Martes, 7 de Maio de 2013, 16:23 COMENTAR

pozo

Até Mario ten pesadelos

Vía | Insanelygaming

O tráiler de Outlast meterache o medo no corpo

Por: Xoves, 1 de Novembro de 2012, 16:02 COMENTAR

facía tempo que non chegaba un xogo de terror en estado puro ás consolas, e parece que seguirá así, porque este Outlast é exclusivo de PC, pero vale a pena observar o tráiler porque non deixa a ninguén indiferente.

O que se amosa parece que non é gameplay do propio título aínda que si se move co seu apartado técnico, que por outro lado non está nada mal, agora se continúan por ese camiño de terror e non se lles ocorre meter recortadas,pistolas,granadas e demáis armamento estaremos un xogo apto para moi poucos, porque o tráiler en si xa asusta de verdade.

Aínda non sei o por qué destes estudos sobre temas superficiais, mais o seguinte estudo realizado por Vertical Slice dinos cal é o xogo máis terrorífico (quero entender desta xeración).

Qué parámetros segue este estudo?, pois valora o nivel de suor, pulsacións e a temperatura corporal durante diferentes partes do título.

Algúns dos xogos que tamén estaban no grupo eran a Resident Evil 5, Alan Wake e Codemned, pero o que se levou o primeiro premio foi a segunda entrega de Dead Space 2.

Aínda non lle vexo o sentido o estude este, mais a nivel de sustos creo que gañaría o Doom 3, xogando con auriculares e a escuras…tremendo, asegúrovolo.

En fin, aquí o estudo tonto do día.

Parécevos que exaxero no título?, pois despois de dicirvos que Silent Hill: Book of Memories será un novo xogo da saga para PS Vita, quero propoñervos unha cousa.

Seguro que a maioría de vós xogastes a algún Silent Hill, pois imaxinádevos como podería ser na próxima portábel de Sony, imaxinade ben, porque moito me temo que non ides acertar coa realidade.

Tampouco son moi fanático desta saga a verdade (aínda que xogara a case todos) mais despois de ver o seguinte gameplay non quero saber como se deberán sentir os verdadeiros seguidores de Silent Hill, moito me temo que estarán a chorar.

Perspectiva cenital?, maxias?, si amigos, benvidos a “Book of Memories”