Teaser de Batman: Arkham Origins

Por: Xoves, 16 de Maio de 2013, 16:50 COMENTAR

Por fin temos o primeiro teaser tráiler do seguinte título de Batman: Arkham. Como todos os teasers non vemos máis que unha CG na que observamos loitar a Batman. O xogo sairá o 25 de outubro.

Plants vs Zombies 2 estrearase en xullo

Por: Luns, 6 de Maio de 2013, 21:10 COMENTAR

plantszombies2

Despois dunha longa espera por fin se confirma a segunda entrega de Plants vs Zombies, o famoso xogo de defensa no que tiñamos que facer fronte a un exército de zombis coa única axuda dunhas plantas.

Plants vs Zombies 2: It´s About Time chegará ao longo de xullo, así o demostra Pop Cap nun teaser tráiler no que non nos amosa absolutamente nada do xogo, aínda que si bastante divertido.

Esperemos saber día exacto e plataformas, aínda que case seguro estará presente para todas as actuais,IOS,Android,PSN,XBLA, etc.

Anunciado Lost Planet 3

Por: Martes, 10 de Abril de 2012, 17:41 COMENTAR

Se facemos un pouco de memoria a primeira entrega de Lost Planet sorpredeu á comunidade de xogadores cun título dunha calidade notable. A segunda entrega foi todo o contrario e agora acaba de ser presentado Lost Planet 3.

Como principal novidade temos que mencionar que non será Capcom a encargada de realizar esta entrega, senón Spark Unlimited, compañía que estivo detrás de títulos como Call of Duty: Finest Hour, Turning Point: Fall of Liberty e Legendary.

A continuación podedes observar o teaser tráiler de lanzamento onde nos deixan ver os elementos clásicos da saga, escenarios conxelados, criaturas xigantes e “mechas”.

Desde onte hai un vídeo que leva dando moito que falar nos foros dedicados aos videoxogos. Aparentemente existe un teaser tráiler sobre a sexta entrega da famosa saga de zombies Resident Evil.

Uns din que está feito por seareiros (eu tamén o creo), outros afirman que foi confirmado por Capcom como teaser real, algúns xornalistas falan que o xogo non se viu en ningún estante da feira do Tokyo Game Show…

En fin, toda unha serie de comentarios que non nos aclaran nada, mais eu son dos que penso que este vídeo que vos mostro non pode ser creado pola Capcom. Fáltalle calidade, ou isto é a miña opinión.

Como sempre, a vosa opinión é a que conta.

Teaser tráiler de “Hawken”

Por: Luns, 29 de Agosto de 2011, 13:31 COMENTAR

Aínda non existe ningún vídeo que amose imaxes reais de Hawken (xa poñen que as imaxes que vemos neste vídeo non teñen porque coincidir co título final), pero ten algo que me chama a atención.

Será que está sendo desenvolvido por unha compañía “indie”?, non sei, pero algo desta criatura fai que me preocupe por el.

Uns gráficos máis que decentes, plantexamento (futurista?), mechas, disparos, destrución…

Está claro que non é un título común, está claro que Hawken vai ser odiado por uns e amado por outros.

Vós en que lado estaredes?

Beleza no teaser de «Sine Mora»

Por: Mércores, 3 de Agosto de 2011, 14:03 COMENTAR

Parece que ultimamente Suda 51 está en todo. A colaboración entre a Digital Reality e a Grasshopper bríndanos o Sine Mora, un shooter clásico en Scroll Horizontal descargábel para XBLA e PSN.

Parece ser que poderemos modificar o tempo neste título, á parte de ser un shooter clásico de naves, que a verdade, non é que se vexan moitos ultimamente.

E para lle pór a guinda final, podemos observar un aspecto gráfico preciosista e de luxo que nos mete moita gana de velo e de xogalo.

Estaremos ante un novo clásico descargábel? Moi posibelmente.

Novo teaser de Hitman Absolution

Por: Martes, 10 de Maio de 2011, 18:46 COMENTAR

Absolution non innovará no argumento, isto está claro, deste xeito o axente 47 aceptará unha misión e será traicionado polos que máis confiaba (parvalloco), o cal terá que aclarar todo mentres o intentan asasinar e capturar pola policía.

Pero Hitman sempre tivo algo, non sei se será o carisma do protagonista, a liberdade que hai para resolver cada misión, a infiltración á base de disfraces, ou non sei que será, pero algo chama a atención dentro de min.

Neste título cambiará algo, xa que Square Enix estará detrás, e coñecendo a estes non me extrañaría que puxesen combates por turnos…

En fin, polo menos haberá que telo en conta e de momento déixovos co seu teaser tráiler.

Primeiro teaser de Ninja Gaiden III

Por: Martes, 1 de Marzo de 2011, 10:43 COMENTAR

O E3 xa está ás portas e para comezar a facernos ilusións (esperemos que non defraude tanto como o ano pasado), podemos ver o primeiro teaser de Ninja Gaiden III.

Cal é o factor representativo de Ninja Gaiden?, pois o sangue, e pódovos asegurar que neste vídeo resalta con todo o seu esplendor.

Está claro que volveremos con Ryu máis duros que nunca, ou será simplemente márketing pasaxeiro?

Xa se está cocendo Prototype 2

Por: Luns, 6 de Decembro de 2010, 14:48 1 COMENTARIO

Algo que non quedara demasiado claro fora se existiría unha segunda parte de Prototype. Agora mediante un teaser podemos certificar este feito, pero a verdadeira pregunta da noticia é a seguinte: de verdade é motivo de alegría esta secuela?
Personalmente a primeira parte non me divertiu tanto como nun principio parecía, porque aínda que parte dun argumento pasábel e que podería dar moito xogo, acaba por situarse nun marco frío e sen personalidade que volvo repetir, non me satisfixo todo o que debería.
A todo isto tampouco era un título para suspendelo, pero si pediría que coidasen máis a segunda parte e que dotasen aos personaxes de máis carisma.

http://www.youtube.com/watch?v=J2kylFS7fvU&feature=player_embedded

Primeiro teaser de Sly 4

Por: Luns, 15 de Novembro de 2010, 16:33 COMENTAR

A Playstation 2 tiña tres nomes claros que definían o xénero das plataformas: Jak & Daxter, Ratchet & Clank e Sly Racoon, e todos os que amamos este xénero recordamos con moito cariño.
Pero hoxe imos só dirixirnos áo último título, xa que o mapache ladrón volverá na súa cuarta entrega.
Xa se crearan algúns rumores ante esta noticia, pero agora xa é oficial grazas a un teaser bastante enigmático, por certo (con signo interrogante e todo).
Sempre se agradecen máis plataformas, para non ter que esperar só aos todopoderosos Mario.
Esperemos que fagan as cousas como é debido e Sly 4 volva por todo o alto, aínda que teño que decir que prefería que rescatasen á eterna parella Jak e Daxter, pero aínda así non subestimo á diversión que pode chegar a ter Sly 4.