Novo tráiler de The Last Guardian

Por: Xoves, 16 de Setembro de 2010, 11:13 COMENTAR

O momento máis esperado de todas as conferencias de todas as feiras de videoxogos chegou hoxe de madrugada, cando o grande Fumito Ueda apareceu no escenario para presentar a súa nova obra mestra.

Eu tiña esperanzas de que deixasen ver algo de gameplay, pero terémonos que conformar cun novo tráiler que nos continúa amosando a relación entre o can con plumas e o pequeno rapaz.

Aínda non se sabe nada da historia nin de como se controlarán aos personaxes, pero para rematar deixou caer a data de saída, que será no nadal de 2011…moito queda por sufrir.

Tamén cabe resaltar a alegre banda sonora (algo raro en Fumito Ueda) que fai do tráiler unha mini xoia capaz de engatusar a calquera, pero abonda xa de tanta palabra e déixovos co vídeo.