Agent poderia ser reanunciado no E3

Por: Luns, 26 de Maio de 2014, 9:00 COMENTAR

Agent, un xogo anunciado no 2007 por parte de Take-Two, poderia ser anunciado en datas próximas, toda vez que en Xullo do 2013 foron rescatados os dereitos sobre a propiedade do título, e de que únicamente unhas datas atrás, fora tamén rescatada a marca Agent. 

Estes feitos parecen indicar unha volta á actividade de desenvolvemento do título, é de esperar que en consolas de nova xeración.

portada gta 5Segundo confirmou Take Two, dende o seu lanzamento para PlayStation 3 e Xbox 360 o pasado 17 de setembro, Grand Theft Auto V leva vendidas máis de 29 millóns de copias, superando así, as cifras de vendas totais da entrega anterior, o Grand Theft Auto IV en menos de 6 semanas no mercado.

GTA V supera os 1.000 millóns de dólares

Por: Martes, 24 de Setembro de 2013, 11:00 COMENTAR

gtav
Uns días antes do seu lanzamento, coñeciamos que a produción do Grand Theft Auto V custara algo máis de 265 millóns de dólares, converténdose así no xogo máis caro da historia, superando á maioría das superproducións de Hollywood.

O día despois do seu lanzamento, a compañía Take-Two Interactive anunciou que o xogo superara os 800 millóns de dólares de recadación en todo o mundo, converténdose no xogo que máis vende no seu día de lanzamento e superando, con moito, os 500 millóns do Call of Duty: Black Ops 2, que ata agora ostentaba ese récord.

Pero as cifras non se quedan aí. Esta mesma fin de semana, a compañía anunciaba que xa superaran a simbólica cifra dos 1.000 millóns de dólares, co que parece que recuperarán, con moito, a astronómica inversión feita.

Segundo as verbas de Strauss Zelnick (@strausszelnick), CEO de Take-Two:

“Grand Theft Auto é un fenómeno cultural e RockStar Games continúa a redefinir o que se pode lograr no entretemento interactivo.”

“Todos en Take-Two estamos emocionados coa resposta inicial do Grand Theft Auto V. Unha vez máis, o equipo de RockStar Games superáronse, establecendo un novo nivel de creatividade, innovación e excelencia para a industria do entretemento.”

“Estamos moi orgullosos do logro creativo de RockStar Games e non podemos estar máis satisfeitos co seu éxito no lanzamento.”

Pronto vos traeremos a nosa análise do xogo, pois preferimos botarlle un bo vistazo a fondo antes de facer unha valoración do mesmo.

gta-4-hd-wallpaper
Nun recente informe de resultados da compañía distribuidora Take Two, anunciaron que o «Grand Theft Auto IV» acadou a cifra dos 25 millóns de copias vendidas, despois de acadar os 11 millóns no seu primeiro mes no mercado.

A pesar de estar no mercado dende 2008, o Grand Theft Auto IV segue a ser un dos que mellores resultados económicos lle segue a dar á compañía, moi preto de títulos recentes como o «Borderlands 2», «Bioshock Infinite» ou «NBA 2K13», por exemplo.

Con estas cifras de vendas, a saga Grand Theft Auto acadou os 125 millóns de copias vendidas, dende a súa estrea en 1997.

Análise de Bioshock:Infinite

Por: Martes, 14 de Maio de 2013, 16:59 1 COMENTARIO

bioshock infinite

A necesidade de sorprender ao xogador para un éxito do propio xogo debería estar escrito no manual dos desenvolvedores destes. Moitos conségueno creando novas IPs da nada, mais cando este primeiro título ten un éxito suficiente para que lle sigan novas partes, como manter esta orixinalidade sen caer na monotonía?

E aquí é onde hai que aplaudir a evolución da saga de Take Two, Bioshock, que soubo que a evolución é o camiño axeitado e que conxelarse nunha idea soa non era o correcto. Hai xogos que non poden dicir o mesmo, verdade Dead Space?

Despois daquel primeiro Bioshock que sorprendeu a todo o mundo pola súa calidade tanto a nivel xogábel, gráfico, de ambientación, de innovación… seguiulle unha segunda entrega que nos volvía somerxer en Rapture, a cidade acuática na que se desenvolvían os feitos, mais desta volta encarnando a un dos xigantes que tiñamos que eliminar no primeiro título.

Ler o resto da entrada »

bioshock-infinite-screen-4Así o di New York Times, na que adiantan que a coñecida compañía Take 2 podería ter gastado en Bioshock Infinity un total de 200 millóns de dólares, converténdose así nun dos xogos máis caros da historia.

O resultado saberémolo o 26 de marzo nas plataformas Xbox 360,Playstation 3 e PC.

gta-v-details-revealed-rockstar-0
A compañía Take Two segue loitando contra as estafas que certas páxinas levan a cabo prometendo ofrecer acceso á versión beta do Grand Theft Auto V. Despois de conseguir pechar o mes pasado getgtavbeta.com e betagtav.com, agora está traballando contra as páxinas gta5betacode.com e grandtheftauto5beta.com.

Ambas denuncias, como as dúas anteriores, xa están nas mans da WIPO, e polos precedentes coas dúas sentencias anteriores, todo parece indicar que o veredicto destas outras será o mesmo, e os dominios pasarán a ser propiedade da compañía demandante.