Comeza o I Torneo ALSA de “Enumerados”

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 17:17 COMENTAR
enumerados

Enumerados é un xogo de intelixencia e axilidade mental, baseado en operacións matemáticas.

Se non o coñecedes, o Enumerados é un xogo gratuíto de operacións matemáticas para smartphones e tablets, que se pode descargar de balde para Android e iOS. Pois ben, está en marcha un torneo que finaliza nesta segunda feira, 22 de decembro de 2014, ás 23h59 (hora galega).

A inscrición ao torneo é tamén gratuíta, e haberá 5 persoas gañadoras diarias (as 5 persoas que estean no topo do ránking cada día) e unha gañadora final (a que estea primeira no ránking ao concluír o torneo). Como condición, para non abusar, unha mesma persoa non poderá obter máis dun premio diario.

Os premios? Pois as gañadoras diarias obterán como premio un billete de isa en buses ALSA (que oes, é algo), e a gañadora final recibirá un Cartón Club ALSA Plus con 7.500 puntos, ou o que é o mesmo, 150€ en viaxes de bus.

Como participar?

É un torneo aberto, sen código de acceso, no modo de partida Xpress (os movementos caducan ás 24 horas e as partidas compóñense de 4 quendas por xogadora). Para xogar é preciso ter a app do Enumerados (obviamente), ben para Android, ben para iOS. É preciso, iso si, ter instalada a última versión do xogo.

Unha vez no xogo, só é preciso premer na icona Torneos para facer a inscrición. A partir de aí considérase inscrita a calquera persoa que completase ao menos unha partida, sen se render el nin o rival. E aínda que o xogo permite escoller rivais, só contarán os rivais aleatorios. E non se poderán rexeitar partidas, ou será contabilizado como derrota!

As gañadoras irán sendo anunciadas a través do seu Twitter (@enumerados) e do seu Facebook (facebook.com/MasEnumerados).

Push Cars 2 de balde!

Por: Venres, 3 de Maio de 2013, 11:38 COMENTAR

push cars 2O xogo de notable participación galega para dispositivos móbiles “Push Cars 2: On Europe Streets”, e do que xa falaramos en Memoria Pixelada, poderase descargar de balde por tempo limitado. Agora xa non hai excusa para recorrer as rúas de Compostela evitando que os vehículos ecolóxicos se estraguen contra os máis contaminantes

Enlace para descarga en dispositivos iOS: http://bit.ly/10wc8Fl

Enlace para descarga en dispositivos android: http://bit.ly/Z6K6Uu

 

Unha mecánica sinxela pero aditiva, un orixinal argumento, unha moi boa banda sonora e un protagonista cun deseño entrañable e camiño de converterse en carismático, Sparky, fixeron de Push Cars un dos xogos revelación de 2011, con máis de tres millóns de descargas para dispositivos móbiles, o que nos dá idea da importancia que as novas plataformas de xogo están a coller, sendo todo usuario dun smartphone ou dunha tablet potencial xogador.

Ler o resto da entrada »