O novo GTA xa está na Super Nintendo. Aínda así, da versión para PC non se sabe nada.
Vía | Geeks are Sexy
O novo GTA xa está na Super Nintendo. Aínda así, da versión para PC non se sabe nada.
Vía | Geeks are Sexy
Moitos somos os que almacenamos cartuchos de 8 e 16 bits na casa, sen ter na maioría das ocasións as vellas consolas en estado operativo. Ata agora, pouco máis podíamos facer que mirar para a nosa colección e xustificarnos díante da familia decindo que os gardamos porque gañan valor co paso do tempo e dentro duns anos venderemolos nunha cuantiosa operación comercial argallada por internet. Mais mentres non chega ese intre, o dispositivo Retrode permitenos utilizar cartuchos da Super Nintendo e da Mega Drive (incluíndo adaptadores tamén Nintendo 64 e mesmo Master System) en calquera ordenador con porto USB, sexa Linux, PC ou MAC.
Sabemos que hoxe en día en moitas webs se poden emular as rom’s de todo o catalogo desas consolas, e o dispositivo Retrode ten un custo duns 65€, mais ademais de asegurarte a procedencia totalmente lícita dos xogos, volver xogar ao teu cartucho do Gunstar Heroes non ten prezo! E mesmo coa posibilidade de recuperares as partidas gardadas hai anos neses cartuchos.
A SupaBoy permíteche xogar cartuchos orixinais da SNES nunha pantalla LCD de 3,5 polgadas. O seu deseño imita ao gamepad orixinal da Super Nintendo, incluíndo a cruceta os botóns frontais e os botóns laterais L e R. Tamén inclúe dous portos dianteiros que son compatíbeis cos mandos normais da SNES, e saída de audio e vídeo. Así até dous xogadores poderán xogar á SupaBoy nunha pantalla de TV.
Características:
- Dous portos frontais de 7 pins para mandos cablados
- Deseño imitando a un mando da SNES
- Tamaño da pantalla (diagonal): 3,5 polgadas (8,89 cm)
- Batería recargábel de ión litio con até 5 h de autonomía
- Adaptador mini USB AC
- Medidas: 8,5 x 4 x 1,5 polgadas (21,59 x 10,16 x 3,81 cm)
- Peso: 11,5 onzas (326 g)
- Son estéreo
- Saída AV
- Saída jack para auriculares
- Control de volume axustábel
- Funda incluída
Comprar | 79,99$ en Hyperkin.com
(Vía: Mundo-retro)