Parece que temos un luns de vídeos promocionais, e o certo que todos de excelente calidade. Se fai unhas horas amosábavos o vídeo de Modern Warfare 3, agora tócalle a Nintendo facer os seus vídeos promocionais para os xogos máis esperados para novembro, é dicir, o Super Mario 3D Land, que sairá o vindeiro día 13 para 3DS e o esperadísimo Zelda: Skayward Sword, que ten previsto saír o 20 de novembro para Wii.

Estos vídeos son moito máis divertidos que o feito por Activision pero concorren na mesma temática, é dicir, mesturar realidade con ficción pero todo rodeado cun humor e ambientación típica de Nintendo.

Así até da gusto ver publicidade.

Agradécese moito ver este tráiler por varias razóns. A primeira delas é que se trata de Mario, e para unha persoa que naceu e medrou con este personaxe xa significa algo bo. E segundo porque trae certas novidades que impacientan aínda máis os seguidores do fontaneiro.

Por un lado vemos máis escenarios dos que nos mostraran (todos igual de fermosos e coloridos) e por outro lado mostra pequenas “chiscadelas” do que suporá este novo Mario. Observar por uns prismáticos para gañar unha vida, lanzarse desde un canón (que me lembrou o Mario 64), empregar trebellos para saltar máis alto, etc.

A diversión parece non rematar cun personaxe que, a pesar da cantidade de títulos que saca, continúa a ter unha calidade excelente. E así é como presta, porque sabemos que será unha aposta segura para calquera usuario da 3DS.

Gameplay de Super Mario 3D Land

Por: Luns, 22 de Agosto de 2011, 16:00 COMENTAR

Coa chegada de calquera consola de Nintendo todos os xogadores agardamos pacientemente a que saquen un novo Mario, porque faga o que faga (da igual que cambie de estilo ou siga estelas anteriores) sempre acaba sendo un xogazo.

Na 3DS chegará Super Mario 3D Land que mesturará o típico tempo nas fases até chegar á bandeirola final cos mundos abertos das últimas aventuras do fontaneiro.

Dende a GamesCom chéganos o gameplay do primeiro escenario onde vemos un par de trasnformacións de Mario, as plataformas coas que nos atoparemos e os ítems que deberemos ir collendo.

A min o xogo tenme unha pintaza, non sei se estarei condicionado por se tratar dun xogo de Mario, pero case estou seguro que será un xogo divertidísimo, e seino porque Mario aínda non me fallou.

Por certo, por que os que gravan estos vídeos sofren todos artrose e parálise nos dedos?, porque dende logo moita habilidade xogando non teñen.