Nova actualización de SteamOS

Por: Venres, 10 de Xaneiro de 2014, 10:00 COMENTAR

steamos
A compañía Valve ven de publicar unha nova actualización para a versión beta do seu novo sistema operativo SteamOS que mellorará o rendemento das tarxetas gráficas AMD.

Segundo a nota da actualización, esta actualización actualizará os controladores AMD Catalyst á versión 13.11 Beta 9.9.

“Esta actualización inclúe os drivers Catalyst nos nosos repositorios cunha versión pre-lanzamento. Esta versión debería arranxar o pobre rendemento nos xogos e os erros ao volver ao escritorio.

Podedes descargar a versión beta dende a súa páxina en Steam.

Xa dispoñible a beta de «SteamOS»

Por: Luns, 16 de Decembro de 2013, 16:00 COMENTAR

steamos
Valve ven de publicar a versión beta do seu sistema operativo baseado en Linux, o SteamOS

Dende a compañía afirman que esta versión beta non é apropiada para usuarios sen certos coñecementos técnicos e que non é un produto rematado, mais ofrecerá unha mellora de rendemento significativa.

Outro punto importante é que polo de agora soamente soporta certo hardware, pero están a traballar para aumentar a compatibilidade. É recomendable ler a páxina de «Preguntas e respostas de SteamOS» antes de probar a beta.

“SteamOS definitivamente non é un produto acabado preparado para un usuario non técnico.”

“Dito isto, xa podemos usalo nas nosas salas de estar. Estamos moi animados sobre o que é e o que vai ser. E cantos máis de vós o probedes e nos contedes as vosas experiencias, máis rápidamente puliremos as arestas.”

“Os usuarios non deben considerar SteamOS como o remprazo para o seu sistema operativo de escritorio. SteamOS está a ser deseñado e optimizado para unha experiencia na sala de estar.”

Podedes descargar a beta dende a súa páxina en Steam.

steam_machines
Dende o seu anuncio a finais de setembro, as «Steam Machines» preséntanse como unha boa competencia ás videoconsolas de nova xeración.

Antes de lanzalas ao mercado, a compañía Valve quixo que 300 usuarios as puxeran a proba, así que abríu un período de inscrición ata o pasado 25 de outubro.

Xa en pleno decembro, a partir de mañá, día 13 (ollo os supersticiosos…), a compañía comezará a enviar esas 300 unidades de proba aos afortunados usuarios gañadores, que recibirán na casa o pack formado por unha Steam Machine (haberá varios modelos con diferentes configuracións) e un Steam Controller. Ademáis, nestas unidades de proba irán instalados varios xogos que corren nativamente no sistema operativo SteamOS.

steam-controller
Despois de presentar SteamOS e Steam Machines, hoxe chegaba o turno da terceira e última presentación de Valve: o Steam Controller.

steam_controller_bindings

Segundo afirman, este novo controlador será compatible con todo o catálogo de Steam, incluso aqueles que non foron deseñados para estes dispositivos.

En lugar dos típicos “sticks”, conta con dous “trackpads”, unha pantalla táctil, ademáis duns cantos botóns.

steam_controller_parts

Máis información na páxina oficial.

Segundo anuncio de Valve: SteamMachines

Por: Xoves, 26 de Setembro de 2013, 10:00 COMENTAR

steam_machines
Hai dous días, a compañía Valve anunciaba o seu sistema operativo SteamOS.

Onte facían o segundo dos tres anuncios que teñen programados: SteamMachines.

Nunha estratexia para conquistar os salóns das nosas casas, Valve vai lanzar varios modelos de PC’s, todos funcionando co seu SteamOS, por suposto. Está previsto que cheguen ao mercado durante o 2014.

Pero antes do seu lanzamento oficial, queren que 300 dos seus usuarios proben esas máquinas para comprobar que todo funciona ben.

Se queres participar nesta proba, estes son os requisitos:

REQUISITOS PARA PARTICIPAR NA BETA:

Antes do 25 de outubro, inicia sesión en Steam e visita a túa páxina de logros para comprobar que podes participar na beta.

  1. Únete ao Steam Universe community group.
  2. Acepta os Termos e condicións da Steam Hardware Beta.
  3. Fai 10 amigos en Steam (se aínda non os fixeches).
  4. Crea un perfil público na Comunidade Steam (se aínda non o fixeches).
  5. Xoga cun mando a un xogo no modo Big Picture.

Máis información na páxina oficial.

O seguinte anuncio, nunhas 33 horas, tal como marca o contador. Que nos anunciaran desta vez?

steamos
Fai uns días coñecíase que Valve faría tres importantes anuncios en breve. Onte fixeron o primeiro deles: SteamOS, un sistema operativo gratuíto baseado en Linux deseñado para as televisións e salóns dos nosos fogares.

Permitirá xogar na televisión a xogos do PC a través de streaming e contará con servizos de música e video.

Segundo di a compañía conseguiron notables melloras no rendemento gráfico co SteamOS e xa traballan na mellora do son.

“A medida que traballamos para levar Steam ao salón, chegamos á conclusión de que o mellor entorno para os usuarios era un sistema operativo creado ao redor do propio Steam.”

“SteamOS combina a sólida arquitectura de Linux cunha experiencia de xogo creada para unha pantalla grande. Estará dispoñible pronto como un sistema operativo libre e independente para os aparellos do salón.”

Pronto estará dispoñible para descargar na súa páxina oficial.