Valve levará novas das Steam Machines á GDC

Por: Martes, 13 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

Dende Valve informaron recentemente de que non habería Steam Dev Days, e que a empresa levaría á vindeira GDC 2015 importantes novas acerca das Steam Machines.

Deste modo, supostamente a empresa americana mostrará importantes novas nas súas consolas e no seu mando, un dos puntos máis esperados do sistema. Ó mesmo tempo, declararon que a empresa ía ter unha presenza xigante no evento, con ditas máquinas ó fronte.

steam_machines
Dende o seu anuncio a finais de setembro, as «Steam Machines» preséntanse como unha boa competencia ás videoconsolas de nova xeración.

Antes de lanzalas ao mercado, a compañía Valve quixo que 300 usuarios as puxeran a proba, así que abríu un período de inscrición ata o pasado 25 de outubro.

Xa en pleno decembro, a partir de mañá, día 13 (ollo os supersticiosos…), a compañía comezará a enviar esas 300 unidades de proba aos afortunados usuarios gañadores, que recibirán na casa o pack formado por unha Steam Machine (haberá varios modelos con diferentes configuracións) e un Steam Controller. Ademáis, nestas unidades de proba irán instalados varios xogos que corren nativamente no sistema operativo SteamOS.

steam_machines
Recentemente, a compañía Valve anunciaba o lanzamento dunha liña propia de PC’s, as Steam Machines. Nese mesmo anuncio tamén confirmaba que 300 usuarios poderían probar os prototipos antes de que saian á venda.

Hoxe coñecemos as especificacións que terá o hardware desas máquinas. Hai que ter en conta que non todas incorporarán o mesmo hardware e podemos ver que haberá varias configuracións diferentes:

  • GPU: Nvidia Titan | Nvidia GTX780 | Nvidia GTX760 | Nvidia GTX660
  • CPU: Intel i7 4770 | Intel i5 4570 | Intel i3
  • RAM: 16 GB DDR3-1600 MHz (CPU) | 3 GB DDR5 (GPU)
  • Almacenamento: 1 TB / 8 GB Híbrido SSHD
  • Alimentación: Fonte interna de 450W
  • Dimensións: 30 x 32 x 7,5 cm. (aprox.)

Serán totalmente actualizables e o usuario poderá reemprazar calquer peza por unha do seu gusto. Segundo as declaracións da propia compañía:

“Para ser exactos, este deseño non está pensado para todos os millóns de usuarios de Steam, aínda que pode ser a máquina ideal para unha importante porcentaxe de usuarios que a mercarían, eses que queren ter un alto rendemento no salón da súa casa. Outros moitos optan por máquinas deseñadas máis coidadosamente, deseñadas para custar menos, ser máis pequenas, silenciosas e haberá Steam Machines que cumpran esas descricións.”

Está previsto que as Steam Machines saian á venda durante o vindeiro ano 2014.

steam-controller
Despois de presentar SteamOS e Steam Machines, hoxe chegaba o turno da terceira e última presentación de Valve: o Steam Controller.

steam_controller_bindings

Segundo afirman, este novo controlador será compatible con todo o catálogo de Steam, incluso aqueles que non foron deseñados para estes dispositivos.

En lugar dos típicos “sticks”, conta con dous “trackpads”, unha pantalla táctil, ademáis duns cantos botóns.

steam_controller_parts

Máis información na páxina oficial.