starcraft-2-heart-of-the-swarm
Segundo confirmou Blizzard, «StarCraft 2: Heart of the Swarm» vendeu máis de 1,1 millóns de copias nos dous primeiros días á venda. Esta cifra inclúe tanto as copias físicas, como as descargas dixitais.

O director executivo de Blizzard, Mike Morhaime comentou:

“Queremos darlle as grazas a toda a comunidade StarCraft pola incrible paixón e soporte que amosaron con «Heart of the Swarm».”

“Ademáis dunha nova campaña para un xogador, engadimos unha tonelada de melloras nesta expansión para facer StarCraft II aínda máis divertido de xogar e máis emocionante de ver. Estamos moi satisfeitos de ver que xogadores de todo o mundo están a desfrutar de «Heart of the Swarm».”