Un soño feito anacos

Por: Sábado, 2 de Marzo de 2013, 23:31 2 COMENTARIOS

Algúns de vós pode que esteades a preguntarvos: que foi da saga Star Wars Battlefront? A última entrega principal, sen contar as versións para consolas portátiles, lanzouse en 2005. E onde está o Battlefront III? A pesar de que Lucasarts nunca fixo declaracións oficiais, a empresa Free Radical Games traballou no Battlefront III e completouno ao 99% antes de ser cancelado.

Steve Ellis, cofundador de FRG, realizou as seguintes declaracións para a revista gamesTM:

Estabamos a facer un xogo moi ambicioso. Podías comezar a batalla no chan, meterte nunha nave e voar cara o espazo, entra no hangar dun cruceiro e continuar alí a loita. Tiñamos que crear todo tipo de tecnoloxías e superar diversos desafíos técnicos e limitacións, pero o fixemos. Tiñamos o xogo finalizado ao 99% e só faltaba o arranxo de bugs para a súa estrea. Tería que ser o noso xogo máis exitoso pero foi cancelado por razóns financeiras. Estou contento de que ao menos a xente puidese ver no que estabamos a traballar e compartir o entusiasmo do equipo polo xogo.

É unha pena que se cancelase o xogo cando estaba practicamente rematado. Podería retomarse o proxecto? É difícil, pero nunca estará descartado. Polo menos, temos un gameplay do xogo en fase alfa. Disfrutade.