dragon-quest-x
Segundo confirmou a compañía nipona Square Enix recentemente, o que era unha exclusiva para Wii U, chegará tamén ao mercado dos ordenadores do Xapón.

A versión de Wii U conseguíu na súa primeira semana no mercado vender máis de 33 mil copias no mercado nipon, mellorando tamén as cifras da videoconsola de Nintendo.

Para os que dominades o idioma xaponés e tedes un equipo con potencia suficiente, está dispoñible para descargar unha versión beta nesta páxina.

O lanzamento da versión completa do videoxogo está prevista para o vindeiro 26 de setembro por uns 3.990 yens (uns 38,50 Euros). Polo de agora, nada se sabe do seu posible lanzamento no resto de mercados.

Final_Fantasy_XV_Logo

Segundo revela a revista líder do sector no Xapón, Famitsu, está fora de toda dúbida que non haberá versión Wii U da nova entrega de Final Fantasy. A versión de PC estudaríase de darse unha serie de circunstacias, e o motivo é o mesmo en ambos casos; os altos requisitos técnicos.

Final Fantasy XV require sistemas que soporten DirectX 11, o que descarta automáticamente a máquina de Nintendo, pero ademais, os seus desenroladores consideran que os requisitos en PC serían moi elevados, de xeito que so resultaría xogábel en PC de gama alta. Partindo desta valoración previa, Square Enix quere coñecer se a demanda do xogo en PC sería suficiente para arriscarse a lanzalo nesta plataforma.

Hai que sinalar que tradicionalmente a relación do rol xaponés, (ou J-RPG), nunca foi moi estreita co PC, xusto ao contrario que a do Rol occidental. Baseándonos nos antecedentes é moi probábel que o xogo si remate vendo a luz na súa versión para Windows, aínda que seguramente con bastante restraso sobre as versións para consolas de nova xeración.

ffxiv-a-realm-reborn
Square Enix ven de publicar un vídeo ingame do seu vindeiro videoxogo Final Fantasy XIV: A Realm Reborn no que o seu produtor Toshio Morouchi e o presidente Yoichi Wada (que recentemente anunciou que deixará a compañía nun futuro próximo) nos comentan os pormenores do xogo ao longo de dúas horas de vídeo.

O seu lanzamento está previsto para este segundo trimestre de 2013.

[Tráiler] Thief

Por: Martes, 2 de Abril de 2013, 13:15 2 COMENTARIOS

Aínda que o único que sabemos deste título é que sairá para PS4, PC e outras consolas de próxima xeración, Square Enix xa lanza o primeiro tráiler de Thief.

Meterémonos na pel dun experto ladrón no que parece que haberá absoluta liberdade de movemento para realizar os nosos propósitos, todo isto nunha perspectiva en primeira persoa e polo que parece cunha ambientación bastante escura.

Por certo, non vos recorda algo a Dishonored?

Square Enix fracasa en vendas

Por: Mércores, 27 de Marzo de 2013, 19:37 1 COMENTARIO

square-enix-LA

Parece que Square Enix non está pasando polo seu mellor momento, e despois de que o seu presidente abandonase o barco, as cifras dos seus xogos máis “exitosos” tampouco confirman unha mellora da compañía nipona.

Títulos como Tomb Raider, Sleeping Dogs e Hitman: Absolution non acadan as vendas que se estimaban para a súa rentabilidade e aínda que a primeira vista parece que a recaudación foi “decente” (Tomb Raider, 3.4 millóns de copias vendidas; Sleeping Dogs,1.75 millóns e Hitman: Absolution, 3.6 millóns), as perdas totais da compañía foron de 108 millóns de euros.

Estaremos ante a degradación final de Square Enix, unha das máis importantes da industria?

Yoichi Wada abandona Square Enix

Por: Martes, 26 de Marzo de 2013, 12:25 COMENTAR

yoichi-wada
O presidente da compañía nipona Square Enix abandonará a compañía, despois de anunciarse os resultados económicos deste pasado ano fiscal, no que a compañía tivo unhas perdas de máis de 100 millóns de Euros.

FFX-2logo

 O que comezou coma un rumor víuse confirmado pola filtración na rede dunha páxina escaneada da revista JUMP na que se ía facer pública a nova. Segundo os novos datos agora disponíbeis, a versión que será posta á venta para PlayStation 3 incluirá a versión remasterizada da que foi a súa secuela, moi contestada no seu momento polos fans, pero imprescindíbel para completar a historia proposta neste capítulo da mítica saga de Square.

Isto non é aplicábel á versión que se comercializará para PS Vita, onde ambos xogos venderánse por separado. Aínda que cabe supoñer que nesta versión os prezos veránse reducidos, moitos usuarios da portátil comezaron a trasladar a súa incomodidade a Square-Enix polo trato diferencial.

 A pesar da confirmación destes datos seguimos sen ter ningúnha data estimada para o lanzamento do xogo, mais parece que se mantén a intención da compañía de lanzalo ao longo deste 2013.

deus-ex-human-revolution-hd-fond-d-cran-468008

  Square Enix, a través da súa división en Europa, rexistrou onte un novo título da veterana saga Deus Ex. Aínda que algúnhas das primeiras análises apuntaban a que podería referirse á versión cinematográfica que xa está en marcha, posteriormente confirmouse que os todas as pistas apuntan ao desenrolo dun novo xogo que podería anunciarse proximamente. Despois do éxito colleitado con “Human Revolution”, que devolveu a franquícia a un posto privilexiado na atención de público e crítica, era mais que probábel a edición de novas entregas.

  Os numerosos seguidores da saga terán que agardar agora un anuncio oficial que podería producirse nalgún dos numerosos eventos que aínda quedan no almanaque deste ano, nomeadamente o E3. Non será até entón cando coñezamos se o lanzamento se proxecta para as actuais consolas ou se o están a programar coa vista posta na inminente nova xeneración.

Sabemos que non é a mellor época para gastar diñeiro, por iso cada vez as demos xogábeis dos videoxogos están a ter máis e máis fama entre os consumidores.

Mais para aqueles que esperaban pola proba do próximo Tomb Raider hai unha mal nova, xa que Square Enix e Crystal Dynamics anunciaron que non lanzarán ningunha demostración antes do seu lanzamento:

“Non queremos rebentar a historia. Temos un guión tan persoal que non queremos estragalo facéndovos esperar unha semana ou máis para xogalo”.

Por tanto, se queredes saber se o título promete tanto como aparenta, deberedes esperar até o cinco de marzo, día do lanzamento.

Como escoitades, a Square Enix acaba de mostrar á prensa o seu novo motor gráfico que aparentemente utilizará para a próxima xeración de consolas. A criatura chámase Luminous Engine e segundo comentan especialistas tecnolóxicos (non me preguntedes se é certo ou non) ten moitas similitudes co famoso motor da Epic Games, o Unreal Engine.

Este motor sería compatíbel coa PS3, XBOX 360 e PC, aínda que os seus creadores están a traballar para que tamén sexa compatíbel coa Wii e 3DS.

O Luminous Engine contará cunha iluminación de alta cualidade, modelados e shaders moi coidados (aparentemente marca característica da próxima xeración), aínda que tamén estará centrado na I.A e nas animacións.

A verdade é que non controlo nada de motores gráficos, mais parece que este pode ser bastante completo. Polo outro lado Square Enix non ten previsto sacalo fóra dos seus estudos, e rumoréase que comezarán a mostrar demos tecnolóxicas a finais de 2012 ou inicios de 2013. Aínda teremos que esperar un chisco, non vos parece?

Rexistrado Final Fantasy Thype-0

Por: Xoves, 30 de Decembro de 2010, 17:39 COMENTAR

Nunca fun demasiado seguidor da saga Final Fantasy, pero agora creo que xa se están pasando coa enorme cantidade de títulos que están sacando con este nome.
Aínda non fai moito todos se sorprendían de ledicia cando anunciaban un novo título de Final Fantasy, agora xa non colle a ninguén por sorpresa.
O último rexistro realizouse onte mesmo co nome de Final Fantasy Thype-0.
Non teño nin maldita idea de que se pode tratar, quizáis algún pseudo-spin off dalgúns dos seus títulos?
Teremos que esperar ao 18 de xaneiro cando Square Enix celebre outra das súas conferencias.
Sobre-explotación desta saga?, por suposto. Fe neste proxecto?, máis ben pouco.